Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca Municipal de Tui amplía o seu horario e abrirá ininterrompidamente de 9 a 21h de luns a venres

Os sábados abrirá de 9 a 13h. Suma 64 horas de apertura semanais

Os sábados abrirá de 9 a 13h. Suma 64 horas de apertura semanais

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui, situada no edificio da Área Panorámica, amplía o seu horario a 64 horas de apertura semanais. De luns a venres o seu horario é de 9 a 21h de forma ininterrompida e os sábados de 9 a 13h. Este é o horario de apertura tanto no mes de xuño coma no de agosto. Mentres en xullo abrirá de 9 a 15h de luns a venres, e permanecerá pechada os sábados. A partir do 5 de setembro comezará o horario de inverno, no que a principal novidade será a apertura continuada de 8h a 21h de luns a venres, e manténdose os sábados de 9 a 13h.

Na actualidade a Biblioteca Pública Municipal de Tui conta con 5.815 socios, dos que 93 se deron de alta dende o 1 de xaneiro deste ano. Aqueles que desexen obter o carné da biblioteca teñen que achegar unha fotografía e o seu D.N.I. Este documento permitiralles a retirada de libros de empréstito na propia biblioteca e daralles dereito a desconto nos espectáculos do Teatro Municipal de Tui.

Os fondos bibliográficos están integrados por máis de 40.700 exemplares dos que 138 se incorporaron no que vai deste ano. Dende o 1 de xaneiro a biblioteca tudense realizou 3.519 empréstitos de libros, correspondendo 2.161 a literatura infantil, sendo máis demandado "Diario de Greg" de Jeff Kiney.

Dende 2003 a Biblioteca Pública Municipal de Tui está situada no primeiro andar do edificio da Área Panorámica ocupando un espazo de 440 metros cadrados e ten unha capacidade para 112 usuarios. Conta cunha recepción, sala infantil-xuvenil, unha sala de lectura e estudio, mediateca e hemeroteca, así coma almacén con zona de catalogación. Actualmente conta con 6 ordenadores a dispor dos seus usuarios aos que se pode acceder a través dun usuario e unha contrasinal. Así coma con rede wifi. Na Sala de Lectura están a dispor a diario os xornais Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, el País e El Mundo. Con carácter mensual reciben outras publicacións sobre deportes, economía, moda...
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones