Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda engalánase para o Samaín

Dende fai uns días a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, emprazada no 1º andar do Centro Cultural, xa se atopa engalanada para as datas do Samaín, cunha curiosa e terrorífica decoración que non deixará a ninguén indiferente.

Dende fai uns días a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, emprazada no 1º andar do Centro Cultural, xa se atopa engalanada para as datas do Samaín, cunha curiosa e terrorífica decoración que non deixará a ninguén indiferente.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Octubre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Dende fai uns días a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, emprazada no 1º andar do Centro Cultural, xa se atopa engalanada para as datas do Samaín, cunha curiosa e terrorífica decoración que non deixará a ninguén indiferente.

 

Dende o Concello da Guarda se fai un convite a que os pais e nais visiten este espazo xunto cos seus nenos e nenas para gozar deste novo atractivo e, de paso, estimular e incentivar a lectura entre os máis pequenos da casa.

As propostas relacionadas co Samaín comezarán dende este venres día 29 na Biblioteca Municipal que se suma á celebración do Samaín a través de dúas iniciativas:

 

- A proposta “Facemos un trato?”, que obsequiará cun pequeno detalle a tódolos nenos que se acheguen durante o venres 29 e sábado 30 ata a Biblioteca e leven un libro en préstamo, a cambio iso si, de deixar un pequeno mensaxe na decoración de Samaín que decorará o espazo durante estes días.

 

- E na mañá do sábado 30 de outubro acollerá no Salón de Actos do Centro Cultural ás 12h. o Contacontos  “Contos para pasalo de medo”, un espectáculo de Carmen Domech (Títeres Cachirulo) pensado para rapazas e rapaces de 4 a 11 anos. As prazas para este evento son limitadas polo que é preciso anotarse a través do mail centrocultural@aguarda.es

 

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda ven incrementado notablemente o número de usuarios que reclaman os seu servizos, cun aumento no número de préstamo de libros, froito do traballo de dinamización deste espazo, da súa mellora e da adquisición progresiva de novos exemplares de variadas temáticas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones