Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A BTT DO ATLÁNTICO HOMENAXEARÁ ÁS VÍTIMAS DO ACCIDENTE DA GUARDA O VINDEIRO DOMINGO

Representantes das corporacións municipais da Guarda, Oia e Baiona, concellos polos que discorrerá a proba, uniranse ao minuto de silencio no que tamén participarán os máis de 100 ciclistas inscritos e a veciñanza destas localidades.

Representantes das corporacións municipais da Guarda, Oia e Baiona, concellos polos que discorrerá a proba, uniranse ao minuto de silencio no que tamén participarán os máis de 100 ciclistas inscritos e a veciñanza destas localidades.

Fecha: 15 de Marzo de 2016

Fuente: Prensa Qualitesport

A BTT do Atlántico homenaxeará ao falecido e aos feridos no tráxico accidente desta fin de semana, no que un pelotón duns vinte ciclistas foi arroiado por un vehículo na estrada que une Baiona e A Guarda. Antes do inicio da marcha, que terá lugar o vindeiro domingo 20 de marzo, gardarase un minuto de silencio no que participarán representantes municipais da Guarda, Oia e O Rosal, os tres concellos polos que discorrerá á proba. Ao acto tamén se unirán a veciñanza destas localidades e os máis de cen inscritos no evento.

Con este pequeno xesto "queremos ter unha lembranza para as vítimas deste fatal accidente e mostrar o noso apoio ás familias e achegados do falecido e dos feridos", sinalou Serafín Martínez, organizador da proba e ex-ciclista profesional. Ademais, "pretendemos facer visible esta problemática e concienciar a toda a poboación para que adopten as medidas de precaución necesarias e non se repitan máis mortes de ciclistas nas estradas", engadiu o que fora corredor do Xacobeo Galicia.

A primeira edición da BTT do Atlántico reunirá o vindeiro domingo a máis dun cento de ciclistas que percorrerán 40 quilómetros polos montes do Rosal, Oia e A Guarda. A proba, de carácter non competitivo, discorrerá pola Serra da Groba e terá a súa saída e chegada no municipio guardés. A cita, organizada por Qualité Sport Events en colaboración cos tres concellos, nace para poñer en valor os paraxes naturais e roteiros do Baixo Miño a través dunha modalidade deportiva que conta cun gran número de adeptos na bisbarra. As inscricións mantéñense abertas até o vindeiro mércores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones