Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Cámara de Comercio de Tui acolle o venres 26 unha xornada informativa do programa Depoemprende

O programa Depoemprende, cun orzamento de 260.000 ?, ten por obxectivo impulsar o emprendemento xuvenil para a inserción laboral de 30 mozas e mozos da provincia menores de 30 anos

O programa Depoemprende, cun orzamento de 260.000 ?, ten por obxectivo impulsar o emprendemento xuvenil para a inserción laboral de 30 mozas e mozos da provincia menores de 30 anos

Fecha: 26 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O venres 26 de agosto, a Cámara de Comercio de Tui acollerá a partir das 12:00 horas unha xornada informativa sobre o programa da Deputación de Pontevedra "DepoEmprende". "DepoEmprende" está dotado con 260.000 € e ten como finalidade o impulso do emprendemento e a cultura emprendedora xuvenís na provincia. Esta actuación, enmarcada no programa de itinerarios de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE e financiada polo Fondo Social Europeo, está destinada a 120 mozas e mozos da provincia de Pontevedra, menores de 30 anos, rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen ocupación e sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.

Nesta xornada, a Deputación de Pontevedra dará a coñecer entre as mozas e mozos da provincia os obxectivos e contidos de "DepoEmprende", entre os que se atopan o fomento do espírito emprendedor e a cultura emprendedora, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, así como a incorporación ao mercado laboral de 120 mozas e mozos da provincia a través de itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás súas necesidades.

As persoas que estean interesadas en participar en "DepoEmprende" poderán formalizar a súa inscrición o mesmo venres, durante a celebración da xornada en Tui. A partir dese momento, serán apoiados en todo o momento pola Deputación de Pontevedra, que os axudará a deseñar un plan e un proxecto personalizados para cada participante, nos que se terán en conta variables coma a motivación para traballar, condicionantes persoais, profesionalidade e habilidades sociais.
A institución provincial tamén se encargará de asesorar a cada participante nas etapas iniciais dos proxectos, de dirixir e supervisalos, de promover a cultura emprendedora e de impulsar a formación para o emprendemento.

Un dos obxectivos prioritarios do Goberno da Deputación de Pontevedra é a loita contra o desemprego para converter a provincia nun territorio próspero. Con "DepoEmprende", a Deputación de Pontevedra quere promover que os proxectos medren de xeito competitivo, consolidando solucións óptimas en xestión de recursos, incrementando o valor da innovación para fortalecer o tecido empresarial, mellorando a prestación de servizos, desenvolvendo novos produtos e modelos de negocio e creando emprego, xa que se pretende incorporar ao mercado laboral ás 120 mozas e mozos participantes.

O impulso do emprego xuvenil é un dos obxectivos prioritarios para a Deputación de Pontevedra. De feito, o novo Goberno da Deputación está a impulsar proxectos específicos para a mocidade como o Plan de Práctica Laboral para Deputación e Concellos da provincia, xa en marcha, ou o Plan para empresas e organizacións non gobernamentais, cuxo prazo para anotarse permanece aberto, ademais do programa "Practicum Depo", que facilita a estadía formativa no estranxeiro de mozos e mozas con estudos de formación profesional, así como o convenio asinado coa Universidade de Vigo para complementar a estudantes beneficiarios de becas Erasmus.

A Deputación de Pontevedra está a destinar, este ano, un 20,5% máis de recursos ao fomento do emprego, investindo 15,3 millóns de euros en planificar estratexias de desenvolvemento coa finalidade de impulsar o crecemento económico e o progreso social da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones