Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A casa do concello de Tui ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

O Concello súmase a campaña promovida pola asociación Avelaíña

O Concello súmase a campaña promovida pola asociación Avelaíña

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de Tui

A casa do concello de Tui ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. O Concello de Tui súmase así á campaña que leva a cabo a Asociación  Avelaíña o longo deste mes de outubro para sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental.

O 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental, unha data coa que se busca sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.

 

A Asociación Avelaíña

A Asociación Avelaíña, entidade sen ánimo de lucro, naceu no ano 1997 na comarca do Baixo Miño, coa misión de potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e a dos seus familiares. No ano 2010 Avelaíña foi declarada Entidade de Utilidade Pública.

Tras 24 anos de andadura, na actualidade a asociación está integrada por 18 profesionais e máis de 400 persoas socias con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. O seu ámbito de actuación é a provincia de Pontevedra.

Hoxe en día Avelaíña está presente  no Baixo  Miño, no Val  Miñor,  no  Condado,  na  Paradanta  e en Salceda  de  Caselas. Conta con numerosos convenios e concertos con organismos públicos, promovendo  aquelas  intervencións  na  área  da saúde mental non cubertas polas institucións existentes e  procurando unha mellor relación entre a persoa e o seu medio

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones