Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CHMS SANCIONA O CONCELLO DE TUI POLOS VERQUIDOS NO REGATO SAN MARTIÑO (TUI)

Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.

Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.

Fecha: 05 de Marzo de 2015

Fuente: Verdegaia

Verdegaia congratúlase de que por fin unha administración tome medidas contra o verquido de augas contaminantes ao regato San Martiño situado na parroquia de Areas en Tui.

Este verquido constante torna as augas cristalinas do regato nun líquido gris e nauseabundo que vai aniquilando toda a fauna e flora que atopa polo camiño ata a desembocadura no rio Miño, espazo pertencente á Rede Natura 2000 por formar parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "Baixo Miño".

Como as comunicacións realizadas ao concello de Tui e ao Seprona non eran obxecto da atención que a situación esixía, optamos por comunicar os feitos á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e simultaneamente solicitar a restauración do ecosistema fluvial afectado, a sanción dos responsábeis e a posta en práctica de medidas que eviten situacións semellantes no futuro.

A CHMS, despois de analizar o estado das augas, acordou sancionar o concello de Tui por "un verquido de augas residuais, procedente de 3 colectores, á canle do regato San Martiño causando danos ao Dominio Público Hídrico" e consecuentemente impoñerlle unha multa de 43.891,20€ e unha indemnización de 13.167,36€.

Lamentamos esta sanción a cargo de fondos públicos municipais que se tería evitado se as administracións tivesen actuado en tempo e forma ante esta agresión medio ambiental. A denuncia que presentamos perante a CHMS non foi máis que a formalización das denuncias que moitas persoas que coñecían os feitos viñan facendo dende fai varios anos pero dun modo informal. É por iso que incitamos a todas as persoas a informar e, se corresponde, a denunciar aquelas situacións que consideren como infraccións ou inxustas co medio natural.

Esperamos a rápida restauración deste regato para así devolver á zona ese especial atractivo que caracteriza os cursos de auga do Baixo Miño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones