Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CITANIA TUDENSE DE CANTOS SOMOS IMPÚXOSE NO ENTROIDO DE TUI

Deuses e Mitos na Antiga Grecia de Matamá levou o segundo premio xeral e de acompañamento musical.

E Regreso á Idade de Xeo de Pexegueiro fíxose co primeiro premio en carrozas

Fecha: 05 de Marzo de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Tui desafiou á choiva e celebrou esta tarde o Desfile-Concurso de Entroido. Debido ao mal tempo reduciuse o circuíto de desfile á rúa Compostela onde, paraugas en man, se deron cinta de novo miles de persoas para presenciar o paso das once comparsas participantes.

A representación dunha "Citania tudense" co Castro do Alto dos Cubos por parte da comparsa Cantos Somos fíxose co premio xeral do desfile, levándose o primeiro premio en acompañamento musical, e o segundo en carrozas.

Deuses e Mitos na Antiga Grecia da Sociedade Cultural e Deportiva de Matamá de Vigo levouse o segundo premio na categoría xeral, así como en carrozas e acompañamento musical.

A película de animación Ice Age representada pola Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro cun Mamut levouse o primeiro premio en comparsas. Tamén se fixo co terceiro premio en acompañamento musical e na categoría xeral.

Por último na categoría de Fantasía o premio foi para a Asociación Cultural "Vrixe da Fonte da Franqueira" da Cañiza que participaba por primeira vez en Tui

A choiva desluciu o desfile aínda que os membros das distintas comparsas, fixeron gala de bo humor realizando as coreografías e lucindo o traballo que levan elaborando ao longo dos últimos meses.  A Cañiza, Salceda, Gondomar, Vigo, Tomiño e Tui foron o lugar dende o que chegaron os participantes con alegorías da Grecia Antiga, dunha tribo africana, dos peliqueiros de Lazo, de repostería e gominolas, o do vello Oeste.

Todas as comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo, 9 de marzo,  ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.

Premio Xeral

  1. Cantos Somos...Citania Tudense
  2. Deuses e Mitos na Antiga Grecia da Sociedade Cultural Atlántida de Matamá
  3. Regreso á Idade de Xeo de Pexegueiro
  4. "Gominolandia" do Borralliño de Soutelo de Salceda
  5. .Os Pelimcanudos 
  6. .Luces de Tomiño
  7. .Lembranzas do vello oeste

Premio Carroza

  1. Regreso á Idade de Xeo
  2. Deuses e Mitos na Antiga Grecia da Sociedade Cultural Atlántida de Matamá
  3. Cantos Somos...Citania Tudense
  4. "Gominolandia" do Borralliño de Soutelo de Salceda
  5. Top Repostería Malvas
  6. Lembranzas do Vello Oeste da Asociación Cultural Lembranzas de Guillarei
  7. Luces de Tomiño   

Premio Acompañamento Musical

  1. .Cantos somos....Citania Tudense
  2. .Deuses e mitos na antiga Grecia

Premio Fantasía

  1. .Fantasía do Carnaval

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones