Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE PATINAXE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN TUI REUNIRÁ ESTE SÁBADO A MÁIS DE MIL PATINADORES/AS NO NOVO PAVILLÓN DEPORTIVO

A escola de Tui é a máis numerosa da provincia con preto de 150 alumnos

A escola de Tui é a máis numerosa da provincia con preto de 150 alumnos

Fecha: 16 de Mayo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Este sábado, 16 de maio, a partir das 12.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui, organizado pola propia Deputación de Pontevedra, o Concello de Tui, a Federación Galega de Patinaxe, e coa colaboración do Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui.

Este mediodía na sala de reunións do Concello de Tui, tivo lugar a presentación deste acto de clausura. Na mesma estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a responsable da Federación Galega de Patinaxe, Mercedes Covelo e o monitor responsable do CPA Ribex de Tui, Santiago Alonso.

Máis de 1.000 patinadores e patinadoras procedentes das escolas de Tui, Vigo, O Rosal, Goián, Gondomar, Soutelo de Montes, Forcarei, Cambados, Soutomaior, Tomiño, Lalín, Campo Lameiro, Poio, Agolada, Ribadumia, Valga, Catoira, Vincios, Belesar, Moraña e Pontevedra, mostrarán ao público asistente os coñecementos adquiridos ao longo da tempada de adestramentos, que dende o mes de outubro do ano pasado levan desenvolvéndose nas distintas localidades da provincia. A Escola de Tui é a máis numerosa da provincia con preto de 150 alumnos.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, mostrou a súa satisfacción porque a cidade acolla este acto de clausura, xa que tanto os xoves patinadores como as súas familias poderán coñecer Tui. Por este motivo agradece á Federación e ao Club de Patinaxe Ribex a organización desta actividade.

A responsable da Federación Galega de Patinaxe, Mercedes Covelo, incidiu que se está a incrementar o número de escolas de patinaxe na provincia de Pontevedra. Existen arestora 25 centros e máis de 1500 nenos patinadores.

O monitor responsable do CPA Ribex de Tui, Santiago Alonso, apuntou que o sábado competirán 8 grupos da escola tudense, 3 farano en horario de mañá e os 5 restantes pola tarde.

Dende as 12.00 horas ata as 19.00 horas, o pavillón deportivo acollerá as actuacións de todos os grupos participantes. Ás 19.30 terá lugar o remate do evento, co desfile de todas as escolas participantes e a entrega dos diplomas aos patinadores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones