Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 23 de febreiro, ás 20h pleno de carácter ordinario con sete puntos na orde do día

23 de febreiro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria

23 de febreiro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria

Fecha: 23 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

ORGANO COLEXIADO: Pleno Corporativo.
Nº DE SESIÓN: 2/2017
CARÁCTER: Ordinario

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.
De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convocar á Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 23 de febreiro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DÍA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE BORRADOR DE ACTA DE SESIÓN ANTERIOR ORDINARIA Nº 1/2017, DE 26/01/2017.

2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ENSINO, SERVIZOS SOCIAIS, CULTURA, TURISMO E DEPORTES DE INSTAR Á XUNTA DE GALICIA Á RECUPERACIÓN DO ANTIGO HOSPITAL DO REBULLÓN E IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOSANITARIOS PÚBLICOS.

3º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ENSINO, SERVIZOS SOCIAIS, CULTURA, TURISMO E DEPORTES DE INSTAR AO GOBERNO DE ESPAÑA A AXILIZAR O PROCESO DE TRASLADO DE PERSOAS REFUXIADAS.

4º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ENSINO, SERVIZOS SOCIAIS, CULTURA, TURISMO E DEPORTES PARA PROMOVER O COÑECEMENTO DA OBRA E DO COMPROMISO COA LINGUA, COAS MULLERES E CO PAÍS DE ROSALÍA DE CASTRO.

5º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, CONTRATACIÓN E SERVIZOS MUNICIPAIS DE APROBACIÓN INICIAL DE ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA NO CONCELLO DE TUI.

6º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, CONTRATACIÓN E SERVIZOS MUNICIPAIS DE MANIFESTAR ANTE A XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN, MINISTERIO DE FOMENTO E AS EMPRESAS RENFE E ADIF A PROTESTA DO CONCELLO DE TUI POLO PECHE DE SERVIZOS FERROVIARIOS NA ESTACIÓN DE GUILLAREI.

7º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:

7.1. Disposicións de interese.

7.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

7.3. Mocións.

7.4. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.

Mándoo e asínoo en Tui, 20 de febreiro de 2017.

O Alcalde Dou fe,

A Secretaria


Asdo. Enrique Cabaleiro González. Asdo. Pilar Fernández Alonso

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones