Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA CELEBRA O DIA EUROPEO DOS PARQUES NO MONTE ALOIA DE TUI

O xefe territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Pontevedra visitou o centro de interpretación do parque tudense

45 alumnos do CEIP de Pazos de Reis coñeceron a senda saudable e as diferentes especies con que conta esta área natural

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Pontevedra, Alberto Fuentes Losada, visitou o Monte Aloia en Tui para celebrar o Día Europeo dos Parques que se celebra o 24 de maio, xunto aos alumnos do CEIP de Pazos de Reis deste concello.

No acto estiveron acompañados por responsables do parque así como polo presidente da Xunta Consultiva do Monte Aloia, Gerardo Zugasti.

Os nenos centraron os actos de celebración deste día en Tui, onde estes 45 escolares tudenses puideron coñecer o Centro de Visitantes e Interpretación Enxeñeiro Areses e realizar unha senda saudable polo parque natural.

Alberto Fuentes destacou o compromiso do Goberno galego "coa conservación, coa protección e coa mellora" dos parques naturais en Galicia do que o Monte Aloia "é un bo exemplo", destacando o seu excelente estado "tanto en relación ao seu mantemento como en canto a número de veciños que o visitan que soen roldar os 100.000 cada ano".

O xefe territorial insistiu en que, dende a administración autonómica estase a perseverar en coidar a natureza, "ratificando o seu compromiso coa conservación da natureza, da paisaxe que temos que coidar e co nivel de excelencia dos parques galegos".

O Monte Aloia, primeiro parque natural en Galicia
Enclavado no concello de Tui, o Monte Aloia ten unha superficie total de 746 hectáreas. Foi declarado Sitio Natural de Interés Nacional en 1935, converténdose en Parque Natural por un Real Decreto en 1978, "converténdose así, no primeiro espazo con esta categoría de protección en Galicia", explicou Alberto Fuentes. "Ademais", engadiu, "forma parte tamén da lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica, na rede europea de espazos protexidos Natura 2000, dende 2004.

A día de hoxe, o parque conta con 530 especies arbóreas pertencentes a 329 xéneros, asentándose no territorio do Parque Natural unha corentena de especies de interese bioxeográfico, polas súas características endémicas ou raras. As especies máis significativas, tanto arbóreas coma arbustivas, están representadas nunha Senda Botánica.

Ademais das diferentes áreas recreativas, o parque natural do Monte Aloia conta co Centro de Visitantes e Interpretación, que recolle de forma interpretativa e interactiva información sobre os seus valores paisaxísticos, naturais, xeomorfolóxicos, históricos, etnográficos e produtivos. Cinco rutas autoguiadas, dúas para bicicletas de montaña e unha senda botánica, axudan ao visitante a coñecer con detalle este espazo protexido.

Galicia conta con seis parques naturais de Galicia, que xunto ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, esténdense por unha superficie de case 50.000 hectáreas ao longo das catro provincias e cada un deles atesoura unha paisaxe e un hábitat distinto, de enorme valor ecolóxico, estético, educativo e científico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones