Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luísa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Tui

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Enrique Cabaleiro así como aos representantes da corporación, as demandas deste municipio relativas especialmente a infraestruturas viarias e educativas

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Enrique Cabaleiro así como aos representantes da corporación, as demandas deste municipio relativas especialmente a infraestruturas viarias e educativas

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Octubre de 2020

Fuente: Del. Xunta Pontevedra

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como cos diferentes representantes da corporación municipal, cos que analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

O rexedor agradeceu a visita da nova delegada territorial e insistiu en valorar moi positivamente o feito de que se trate dunha persoa que procede do mundo municipal, en especial, dunha muller que foi alcaldesa.

Enrique Cabaleiro trasladou a Luisa Piñeiro a súa satisfacción polas grandes obras executadas no seu municipio pola Xunta de Galicia, apostando por continuar na mesma liña de colaboración e diálogo.

Entre os principais temas que se trataron durante o encontro, atopáronse cuestións como a preocupación económica do municipio pola situación da Covid-19, en especial en relación á fronteira, así como a importante baixada no número de peregrinos que sufriu este ano o concello pola situación da pandemia.

A construción dun novo CEIP en Pazo de Reis foi outro dos temas postos sobre a mesa. Neste senso, dende o concello trasladáronlle a Luisa Piñeiro que se está á espera da posta en disposición do municipio dos terreos sobre os que se vai a instalar o novo centro e que pertencen a unha entidade menor que ten que rematar de regularizar a situación catastral dos mesmos.

María Luisa Piñeiro tamén recolleu a demanda do concello de continuar a traballar en diferentes temas relativos a infraestruturas viarias, como é o acceso ao polígono de Areas ou o futuro inicio das obras da nova rotonda na estrada que une este concello con Tomiño e Tebra. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones