Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación adxudica por 435.309,13 ? as obras para mellorar dúas estradas provinciais en Caldelas de Tui

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que os traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses, comezarán de inmediato

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que os traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses, comezarán de inmediato

Fecha: 22 de Mayo de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación por 435.309,13 euros das obras para a mellora integral de mobilidade sostible nas estradas provinciais EP-3004 e EP-2505 situadas na parroquia de Baños de Caldelas, no Concello de Tui. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, os traballos teñen un prazo de execución de seis meses e comezarán de inmediato por parte da empresa ‘Arines, Obras y Proyectos SL'.

Segundo explicou Benítez, antes do inicio a empresa terá que presentar diversa documentación e a acta de replantexamento dos traballos, polo que se non hai complicacións administrativas e a climatoloxía o permite, a mellora da zona poderá ser unha realidade a finais deste ano.

Esta obra fora solicitada ao deputado de Mobilidade Uxío Benítez na primeira entrevista mantida co anterior alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. A partir da solicitude, o departamento provincial realizou os traballos técnicos necesarios para redactar o proxecto, coa finalidade de habilitar unha zona de tránsito peonil segura que dese servizo á veciñanza da zona ante o alto tránsito de vehículos. Finalmente, asinouse un convenio de colaboración en xullo do ano pasado entre a Deputación e o Concello e púxose en marcha o procedemento de contratación. Interesáronse por executar as obras doce empresas das que dúas foron excluídas por estimar que as ofertas presentadas non se podían cumprir.

Segundo explica Benítez, a actuación consiste na construción dunha senda de 2,4 quilómetros de lonxitude e 2,5 metros de largo, aproveitando a sección actual da vía e ampliando a plataforma en lugares puntuais. Mellorarase a intersección entre as dúas estradas EP-2505 e EP-3004 (que conflúen en forma de V na zona do antigo Cuartel da Garda Civil) coa instalación dunha glorieta, e redeseñarase o espazo existente xunto a igrexa de San Martiño cunha nova pavimentación especial.

Tamén haberá dispositivos de calmado de tráfico, como en todos os proxectos do departamento de Mobilidade: instalaranse dez pasos de peóns sobreelevados, así como seis redutores físicos de velocidade que obrigarán aos condutores a circular máis amodo creando para toda a vía unha limitación máxima de velocidade de 30 quilómetros por hora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones