Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN APOIA A GALA DO PATRIMONIO 2015 DE -PONTE NAS ONDAS- QUE SE CELEBRARÁ NO MUNICIPIO DE TUI

O 25 de novembro celebra en Tui a mostra de oralidade e a gala sobre patrimonio inmaterial galego portugués

O 25 de novembro celebra en Tui a mostra de oralidade e a gala sobre patrimonio inmaterial galego portugués

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica 'Ponte nas Ondas', Santiago Veloso, para establecer as vías de colaboración do ente provincial coas actividades que se realizan desde esta Asociación para promover o patrimonio inmaterial galego-portugués. Tras a xuntanza, Xosé Leal trasladoulle a Santiago Veloso o seu compromiso de colaboración para coas actividades que se realizarán o 25 de novembro no Teatro Municipal de Tui, dirixidas tanto a centros educativos de ambas beiras do Miño como ao público xeral. O deputado provincial afirmou que esta colaboración se enmarca "na aposta que queremos facer por fomentar as relacións a nivel lingüístico nunha zona xeográfica na que as relacións neste ámbito son moi estreitas, e tendo en conta que ademais é unha iniciativa que implica a cooperación entre centros educativos tanto galegos como portugueses e, por conseguinte, fomenta o papel da mocidade na transmisión dos valores da oralidade de dous idiomas irmáns".
A Asociación 'Ponte nas Ondas' escolle o 25 de novembro como data conmemorativa de que, hai dez anos, o patrimonio inmaterial galego-porltugués optaba a ser proclamado pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade, converténdose na primeira candidatura multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea. A pesares de que non foi proclamada, a Unesco recomendou volver a presentar a proposta atendendo ao gran valor e riqueza das manifestacións e expresións deste patrimonio.
No 25 de novembro deste ano celebrarase a Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa baixo a denominación 'Temos Patrimonio!' dirixida a alumnado de centros educativos e que terá lugar pola mañá, ás 11:30h, no Teatro Municipal de Tui. A través desta actividade porase en valor entre os máis novos e as máis novas a tradición oral de ambos lados da fronteira, con especial incidencia nos aspectos comúns e en como se mantén viva na actualidade. No evento participarán o escritor e músico Xurxo Souto, o grupo de música tradicional Tradisón, o grupo de música infantil galego Gramola Gominola e Os tres irmaos e outras historias de amor.
En horario de tarde, ás 20:30 horas e tamén no Teatro Municipal de Tui, celebrarase a Gala do Patrimonio, que dá cabida a persoas e grupos que se consideran 'portadoras' do valor do patrimonio inmaterial galego-portugués por todo o mundo. O cartel está composto por Malvela, un grupo de mulleres raianas que interpretan cancións tradicionais, o quinteto de Porto 'Vozes da Ràdio', as cantadeiras do Minho 'Cantadeiras do Neiva', o actor e director teatral 'Quico Cadaval', a cantautora galega 'Uxía', o músico brasileiro 'augusto Canario', e o escritor e músico galego 'Xurxo Souto'.
'Ponte nas ondas' nacera como unha experiencia educativa no ano 1995, grazas á cooperación entre escolas de ensino básico situadas nas dúas beiras do Miño. Comezara como unha xornada radiofónica de 12 horas de emisión que, co tempo, pasou a ter 24 horas de programación na que estudantes de centros educativos de primaria, secundaria e da universidade emiten programas de radio elaborados por eles mesmos en directo e atendendo a todo tipo de formatos, desde concursos e música ata entrevistas e conexións entre diferentes estudos.
Esta iniciativa conta con numerosos recoñecementos entre os que se contan o Premio Galicia de Comunicación ao 'mellor labor en medios informativos', concedido pola Xunta de Galicia; o premio 'Bos e Xenerosos' concedido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega; e o recoñecemento da European Bureau for Lesser USed Languages (EBLUL) como experiencia que contribúe á promoción dunha lingua, axuda á recuperación da cultura e das tradicións e favorece a cooperación transfronteiriza.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones