Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación aproba as bases para distribuír medio millón de euros entre clubs náuticos da provincia

As achegas diríxense a entidades deportivas que participen en competicións federadas de ámbito náutico nas modalidades de remo, vela e piragüismo

As achegas diríxense a entidades deportivas que participen en competicións federadas de ámbito náutico nas modalidades de remo, vela e piragüismo

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Con estas axudas e en menos de dous meses xa se aprobaron preto de 2 millóns de euros para os clubs deportivos da provincia

 

Coa finalidade de fomentar o deporte como hábitos saudable e de seguir apoiando aos clubs deportivos da provincia, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para distribuír medio millón de euros entre clubs náuticos da provincia. En concreto, as achegas, por concorrencia competitiva, diríxense a clubs que participen en probas federadas nas modalidades de remo, vela e piragüismo. Con estas axudas e en menos de dous meses de ano o goberno provincial xa aprobou subvencións para clubs deportivos por valor de preto de 2 millóns de euros.

 

As subvencións para clubs náuticos da provincia que veñen de ser aprobadas distribúense en 280.000 € para clubs de piragüismo, 145.000 € para clubs de remo e 75.000 € para os de vela que participan en ligas e competicións oficiais de ámbito provincial, autonómico ou nacional convocadas por federacións deportivas. Con estas axudas da Deputación, poderanse cubrir gastos federativos como licenzas, mutualidades ou arbitraxes; gastos materiais como vestimenta ou equipamento; gastos para competicións que inclúen desde desprazamentos ata aloxamento ou manutención;  gastos derivados da contratación de persoal para o funcionamento do club; gastos sanitarios, formativos ou de organización de eventos; gastos correntes ou tamén os de alugueiro.  Os clubs interesados nesta liña de subvencións poderán presentar as súas solicitudes durante quince días trala publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. O pasado ano beneficiáronse destas axudas 51 clubs de 18 concellos da provincia dos cales 27 eran de piragüismo, 16 de remo e 8 de vela.

 

No que levamos de 2021 a Deputación de Pontevedra xa deu luz verde a preto de 2 millóns de € dirixidos a clubs deportivos da provincia, cos 850.000 € que contemplan as bases dirixidas a equipos femininos e masculinos que participan en competicións federadas de ámbito nacional, os 600.000 € para deporte federado de ámbito inferior a nacional e clubs de rexional preferente e os 500.000 € que veñen de aprobarse nesta última Xunta de Goberno para os clubs de deporte náutico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí