Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A DEPUTACIÓN ASESORARÁ AO CONCELLO DE TUI PARA RECUPERAR O CENTRO HISTÓRICO DA VILA

O arquitecto provincial, Jesús Fole, propón a creación dunha senda peonil paralela á conca do río Miño entre o núcleo urbano de Tui e a localidade de Baños de Caldelas

O arquitecto provincial, Jesús Fole, propón a creación dunha senda peonil paralela á conca do río Miño entre o núcleo urbano de Tui e a localidade de Baños de Caldelas

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O asesor provincial en materia de Mobilidade, Jesús Fole, visitou o Concello de Tui para falar das posibilidades de reforma e mellora da vila dende o punto de vista da mobilidade e accesibilidade. Entre outras cuestións, Fole ofreceu a colaboración da Deputación de Pontevedra para poñer en marcha a recuperación do centro histórico, do núcleo de Baños, do desdobramento da estrada de acceso ao núcleo urbano, así como para o asesoramento na creación dunha senda fluvial paralela ao Miño que una o centro da vila coa localidade de Caldelas.

Fole foi recibido na Casa do Concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro responsable do casco vello, José Martínez Tato. Posteriormente o técnico e os representantes municipais visitaron diferentes zonas da vila e do núcleo de Baños, comentando sobre o terreo diferentes posibilidades de actuación.

Cabaleiro e Martínez Tato plantexaron a Fole unha proposta de actuación ambiciosa con respecto ao centro histórico, na que o primeiro eixo de actuación pasará por restrinxir a circulación rodada, tal e como se fixo na cidade de Pontevedra en 1999. "No casco antigo de Tui hai moito por facer. É magnífico, pero a día de hoxe é un desastre, xa que hai coches aparcados diante de tódolos edificios emblemáticos. Como primeira actuación hai que pechar o tráfico ao transporte privado; deixar acceder aos servizos, pero non aparcar", sinalou o técnico provincial.

Na segunda parte da visita de Jesús Fole a Tui, o técnico coñeceu o núcleo de Caldelas, onde teñen sona as augas mediciñais e no que existe un apeadeiro de Renfe en desuso, unha igrexa, así como áreas de xogos e de ximnasia e unha zona de esparcemento que actualmente presentan un importante deterioro e unha escasa calidade urbana. Como proposta, Jesús Fole, plantexou a posibilidade de mellorar os espazos cunha actuación básica e crear unha senda peonil na ribeira do Miño entre o casco urbano de Tui e Baños, facendo algo similar ao que xa existe na marxe portuguesa do río, o que alí se chama unha 'ecopista'. "A ecopista da zona de Portugal está chea de españois que van pasar alí o día e a zona galega está baleira. Hai que ver como tratan os espazos urbanos en Portugal e como se están tratando aquí", indicou, para salientar que dende a Unión Europea se porán fondos a disposición para localidades transfronteirizas nos vindeiros anos, "o que se podería aproveitar para dinamizar o contorno da zona do Miño" dentro do proxecto Uniminho.

Fole tamén foi receptivo con outras actuacións propostas polos integrantes do goberno local de Tui, tales como a posibilidade de desdobrar a actual entrada á vila, recuperar a conexión directa con Portugal a través da antiga ponte de estrutura metálica e elaborar outras vías biosaudables O técnico tamén tomou nota da petición de mellora da vía provincial que une Baños con Salceda de Caselas (EP-2505), na que hai serios problemas de seguranza viaria.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí