Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación concede preto de 36.000 euros ao Concello de Oia para o proxecto de construción dun pumptrack

A actuación será financiada integramente pola Deputación xa que aos 36.000 ? do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outra achega de máis de 18.000 ? do Plan +Provincia

A actuación será financiada integramente pola Deputación xa que aos 36.000 ? do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outra achega de máis de 18.000 ? do Plan +Provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Abril de 2024

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 36.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Oia para o proxecto de construción dun pumptrack na vila. A actuación, que ascende a preto de 54.000 euros, será financiada integramente pola institución provincial xa que a estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan + Provincia.

 

Cos recursos provinciais o Concello de Oia poderá financiar o proxecto de construción dun pumptrack nas antigas instalacións municipais do campo de fútbol do Cabezo, na parroquia de Mougás, que contará cunha superficie asfaltada de 360 metros cadrados e un trazado apto para todos os usuarios, independentemente da súa idade e experiencia. O proxecto contempla os traballos previos de limpeza do terreo, de instalación de drenaxe e recollida de augas pluviais, de acondicionamento e de deseño e asfaltado do trazado, así como da posta en marcha da sinalización horizontal.

 

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento  1,8 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Oia, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, A Lama,  Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí