Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación da un paso adiante no apoio a colectivos e usuarios da bicicleta

O deseño deste Plan é unha das principais conclusións da primeira xuntanza da Mesa Provincial pola Bicicleta

O deseño deste Plan é unha das principais conclusións da primeira xuntanza da Mesa Provincial pola Bicicleta

Fecha: 27 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou  a redacción dun Plan provincial de vías ciclabeis, como un dos principais acordos acadados na primeira xuntanza da Mesa Provincial pola Bicicleta. Benítez asegurou que se trata dun "plan no que se indiquen cales son as zonas máis propensas para poder deseñar itinerarios ciclabeis, e que inclúa unha planificación e non actuacións illadas". Este plan suporá acometer unha análise territorial, de cara a estudar as zonas máis adecuadas e funcionais para deseñar este tipo de itinerarios, atendendo a cuestións técnicas como as pendentes, e que inclúan todo tipo de infraestruturas viarias, independentemente da súa titularidade.

Este anuncio é froito da primeira xuntanza da Mesa Provincial pola Bicicleta que se celebrou no Pazo provincial e que reuniu a colectivos de usuarios da bicicleta e a Administracións con competencias en materia de infraestruturas viarias. Ao remate da xuntanza, Benítez sinalou que "damos hoxe por formalizada e por constituída esta Mesa, como un organismo de participación cidadá no que se contrasten ideas e experiencias relativas a este tipo de mobilidade". Segundo o acordado, a Mesa Provincial pola Bicicleta funcionará como un organismo estable con 3 ou 4 reunións por ano.

No resumo da xornada, o deputado indicou que a principal demanda dos colectivos de usuarios "é a ausencia de seguranza nas diferentes vías e que existen na provincia e os problemas que isto xera para os colectivos máis vulnerables". Posto que tradicionalmente as infraestruturas se deseñaron desde o punto de vista dos vehículos motorizados, a consecuencia é que a día de hoxe non resultan operativas para facilitar outro tipo de mobilidades como a peonil e a ciclista. Ante esta situación, Uxío Benítez indicou que "as Administracións que temos que xestionar, promover e manter as infraestruturas viarias, debemos facer ese xiro que a sociedade xa fixo, e acometer actuacións pensadas para este tipo de mobilidades". Benítez lembrou que este enfoque "vai na liña estratéxica da Deputación en materia de mobilidade, posto que todas as nosas actuacións as facemos sempre para facilitar que poidan ser usadas por todo tipo de colectivos no seu día a día e na súa vida cotiá".

Outro dos puntos importantes tratados na xuntanza foi a demanda dun plan de seguranza viaria e o fomento da educación viaria, tanto para usuarios de vehículos motorizados como para usuarios de bicicletas. Para atender a este obxectivo, chegouse á conclusión de incluír na Mesa Provincial pola Bicicleta un representante da Consellería de Educación, co obxecto mellorar este punto e de estudar a inclusión da seguranza viaria no programa curricular dos centros escolares.

Por último, outro dos temas tratados foi a posibilidade da definición do trazado para a rede EUROVELO, unha rede europea de rutas ciclistas, na que Galiza non está incluída. No eixo atlántico si existe trazado en Portugal, polo que se decidiu abordar este punto nunha vindeira xuntanza a finais de maio na que participe o presidente da Federación Ciclista de Portugal, para que expoña as súas experiencias. Uxío Benítez explicou que "na xuntanza do vindeiro mes, abordarase o deseño e definición en Pontevedra, en colaboración coa Xunta, porque non ten sentido que a ruta remate no Río Ulla".

Na Mesa Provincial pola Bicicleta participan, ademais da propia Deputación - representada polo deputado de Mobilidade, Uxío Benítez -, a Dirección Xeral de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Federación Galega de Ciclismo, ‘Cero emisiones, ‘Rurban', ‘Arousa en bici', Bicicleando', ‘A golpe de pedal', e ‘Pedaladas'. Na seguinte xuntanza participará tamén un representante da Unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra, do Ministerio de Fomento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones