Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación dá vía libre ao investimento de 589.051 euros para a mellora integral das estradas provinciais da parroquia de Caldelas en Tui

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez asegura que o proxecto busca mellorar a seguranza viaria nas EP-3004 e a EP-2505

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez asegura que o proxecto busca mellorar a seguranza viaria nas EP-3004 e a EP-2505

Fecha: 16 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra dará vía libre na Xunta de Goberno de mañá venres ao convenio para a mellora integral das estradas provinciais EP-3004 e a EP-2505 da parroquia de Caldelas no Concello de Tui. No documento de acordo entre a institución provincial e o goberno municipal establécese que o investimento será de 589.051 euros, dos que o 80% chegarán das arcas provinciais e o 20% do concello. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, "é importante aplicar os novos criterios da Deputación para calmar o tráfico e chegar a unha convivencia segura entre peóns e vehículos na parroquia de Caldelas, xa que é unha das máis importantes de Tui e, ademais, as vías provinciais que pasan por ela conectan con outro municipio".

A Deputación de Pontevedra está concienciada, segundo asegura Benítez, sobre a necesidade de aumentar a seguranza viaria en toda a rede de estradas da provincial, facendo especial fincapé nos tramos que transcorren por espazos urbanos ou núcleos rurais dos distintos concellos. O obxectivo "é conformar un contorno viario seguro e tranquilo, fomentando a convivencia de todos os medios de transporte e sistemas de desprazamento, así como repartir de xeito equitativo o espazo público".

A EP-3004 une os núcleos rurais de Os baños con O Monte atravesando por o Calvario, mentres que a EP-2505 une os núcleos de O Pozo con O Monte, atravesando por O Piñeiro, ademais de servir de acceso a unha zona de equipamentos (un colexio, un balneario e unha zona de espazo libre de uso e dominio público á beira do Río Miño, nun entorno de grande beleza natural e paisaxística), tendo por todo isto un importante tránsito peonil. A presenza da estrada provincial, coas actuais características atravesando o núcleo dificulta a mobilidade en condicións de seguridade en especial dos peóns e persoas en bicicleta, polo que, segundo anuncia o deputado, a principal actuación do proxecto é a creación dunha nova senda de mobilidade peonil.
A configuración actual da estrada conta cun ancho variable que xira entorno aos nove metros de largo sen beirarrúas, espazo que permitirá albergar un novo itinerario seguro. No proxecto, así mesmo, empregaranse elementos para reducir a velocidade dos vehículos: redutores físicos de velocidade e pasos de peóns sobreelevados ao longo dos dous tramos. A obra, ademais da senda, incluirá a reposición e mellora da rede de drenaxe, a sinalización e a recuperación do contorno da Igrexa de San Martiño de Caldelas, situada ao borde da EP-3004.

O departamento de Mobilidade xa ten o proxecto de actuación rematado e aprobado. Unha vez a Xunta de Goberno dea mañá o visto bo ao texto do convenio, procederase á súa sinatura e á contratación das obras, que se poderán iniciar no outono deste ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones