Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra achega aos colexios públicos da provincia un calendario competencial

A institución estende esta idea do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui ao alumnado de infantil dos centros educativos públicos da provincia

A institución estende esta idea do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui ao alumnado de infantil dos centros educativos públicos da provincia

Fecha: 14 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de mestras do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui e dun pai do mesmo, presentou esta mañá o calendario competencial que a institución provincial xa achegou, en formato dixital, aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra.

Carmela Silva destacou que "o ano pasado, estas mestras do Colexio Clara Torres nos trouxeron a xenial idea dun calendario competencial, co que colaboramos, no que se recollían unha serie de competencias educativas para que as familias, con nenas e nenos de entre 3 e 6 anos, poidan traballar fóra do horario lectivo nas súas casas. A idea pareceunos tan boa que este ano decidimos estendela ás 963 aulas de infantil dos 358 colexios públicos da provincia; deste xeito contribuímos a colaborar cos concellos nó ámbito educativo promovendo, ó tempo, o turismo interior, xa que o calendario inclúe actividades para coñecer lugares da provincia de Pontevedra en familiar durante a fin de semana".

O calendario competencial, tal e como destacou a Presidenta da Deputación, "ten por obxectivo que a educación se converta nunha tarefa compartida e nun compromiso entre colexio e familia". Deste xeito, o calendario inclúe propostas de aprendizaxe e actividades como procuras de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas para nenas e nenos, lecturas para adultos, educación ambiental e responsable, actividades para realizar en inglés, música ou pautas de respiración para a mellora da fala. Todo isto, segundo asegurou Carmela Silva, "para que as familias teñan un motivo diario máis para interactuar baixo o criterio de aprender xuntos, aprender en familia".

A Presidenta da Deputación manifestou que "a educación é o instrumento máis relevante que a sociedade ten nas súas mans e por iso é fundamental a implicación das diferentes administracións nela, estender ideas como as do Colexio Rural Mestra Clara Torres de Tui a todos os concellos da provincia para ofertar unha tarefa educativa ampla e integral". Amais, Carmela Silva aproveitou a ocasión para poñer en valor "o papel das mestres e mestres como grandes servidoras e servidores públicos que son quen de garantir dereitos fundamentais das persoas".

Pola súa banda, a directora do Colexio Rural Mestra Clara Torres de Tui, María Teresa Domínguez, agradeceu o compromiso da Presidenta da Deputación de Pontevedra con esta iniciativa que "xurdiu hai cinco anos pola necesidade de crear vínculos e de impulsar unha educación compartida entre familia, colexio e alumnado, ó tempo que se promoven competencias e valores sociais e cívicos que facilitan o desenvolvemento integral das nenas, nenos e das familias".

O calendario competencial da Deputación de Pontevedra, en formato dixital, xa foi enviado ós centros educativos da provincia de Pontevedra co obxectivo de que os colexios interesados indiquen á institución provincial as unidades impresas que precisan para poder achegarlles o material.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí