Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA SUBVENCIÓNS POR VALOR DE MEDIO MILLÓN DE EUROS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Estas achegas, aprobadas en Xunta de Goberno, están dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actividades na provincia de Pontevedra durante o 2016

Estas achegas, aprobadas en Xunta de Goberno, están dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actividades na provincia de Pontevedra durante o 2016

Fecha: 23 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno das bases de subvencións, por valor de medio millón de euros, para as actividades deportivas desenvolvidas durante o 2016 na provincia de Pontevedra por asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro.

 

En concreto, a través destas subvencións a institución provincial pretende promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas seguindo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. Así, para a concesión das axudas teranse en conta criterios como o número de deportistas ou equipos participantes na actividade, o ámbito territorial do evento, o número de xornadas do mesmo, a súa antigüidade e consolidación, a inclusión do evento no calendario oficial de competición, o seu orzamento de gastos e ingresos e a achega económica que a propia entidade ou club destinan ó financiamento da actividade.

 

As entidades interesadas en optar á subvención deberán formular a súa solicitude, nos modelos normalizados da Deputación de Pontevedra (dispoñibles no Rexistro Xeral, no servizo de deportes ou na web www.depo.es), nun prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

 

A Deputación de Pontevedra incrementou o orzamento destinado a deportes nun 9,2% no 2016 con respecto ó ano anterior, acadando un investimento de 6 millóns de €, medio millón máis que no ano anterior.  Nestes primeiros meses de 2016, coas bases que se aprobaron hoxe en Xunta de Goberno e as xa publicadas para o deporte de base e entidades e clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas nacionais, a Deputación de Pontevedra destinou xa preto dun millón e medio de euros a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra. Amais, a estas achegas hai que engadir as axudas individuais para os deportistas olímpicos e os convenios que se están a asinar cos clubs de elite da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones