Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA CASE UN MILLÓN DE EUROS Ó CONCELLO DE TUI A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS 2016

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, subliñou que o Plan Concellos destina un 22% máis de investimento a Tui

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, subliñou que o Plan Concellos destina un 22% máis de investimento a Tui

Fecha: 20 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Silva adiantou catro novos plans que a institución provincial está a desenvolver en materia de turismo, deportes, fomento dos sectores produtivos e infraestruturas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá o Concello de Tui, onde foi recibida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e todo o goberno da localidade así como representantes da Cámara de Comercio, do Club Kayak Tudense e do mundo cultural da localidade. Na súa visita, Silva destacou que o novo Plan Concellos destinará un 22% máis de investimento a Tui e avanzou novas liñas de actuación que a institución provincial está a poner en marcha.

Carmela Silva manifestou que "os concellos teñen que ser os protagonistas da política porque son os que están próximos ás demandas e necesidades da veciñanza e os que recollen as ideas e cuestións que esta plantexa para que os concellos poidan desenvolvelas". Ademais, a Presidenta sinalou que as deputacións o que teñen que facer é favorecer que "os concellos poidan prestar os servizos básicos á cidadanía, distribuindo os recursos a través de proxectos obxectivos, con criterios claros e permitindo que sexan eles os que os xestionen". Neste contexto, o alcalde de Tui manifestou que "afortunadamente, este novo goberno da Deputación de Pontevedra está a impulsar unha forma de facer política máis transparente, equitativa e xusta, que nos vai beneficiar a todas e todos".

Dentro da nova forma de xestionar os recursos públicos, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o Plan Concellos cun investimento de 40 millóns de euros, 10 millóns máis que no ano 2015, que elimina, ademais, os 6 millóns de euros de libre disposición do anterior presidente. Este plan, que reparte os recursos de forma clara, obxectiva e sen discriminación en catro liñas de actuación (investimentos, amortización e pagamento de débeda, actividades municipais e emprego), significa, tal e como subliñou a Presidenta, "que todas as alcaldesas e alcaldes saben cales son os criterios e a cantidade que lle corresponde para xestionar, como consideren, eses recursos".

No caso concreto de Tui, no 2015 o anterior goberno da Deputación de Pontevedra, destinou ó concello 743.000 euros mentres que, a través do novo Plan, a localidade recibirá un 22% máis de recursos, é dicir, 952.000 € que investirá no que o concello considere necesario para garantir os servizos públicos da cidadanía tudense. Neste sentido, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, avanzou que os recursos da Deputación se destinarán a mellorar os servizos públicos, priorizando nas infraestructuras viarias, na mellora das condicións das instalacións que prestan servizos básicos como a educación e o deporte e en acondicionar o patrimonio histórico e natural da localidade.

Por outra parte, a Presidenta informou que "seguiremos apoiando ós colectivos sociais, culturais e deportivos pero desaparecerán as subvencións nominativas, que repartían de forma inxusta e discriminatoria os recursos económicos, para poñer en marcha unhas bases de subvencións claras, obxectivas e xustas, para que as entidades poidan solicitar axudas económicas".

Ademais, Carmela Silva deu a coñecer catro plans que a institución provincial está a desenvolver na actualidade. Así, comezou destacando a potencialidade turística da provincia de Pontevedra e a importancia do sector turístico para a economía provincial sublimando que "ata o de agora a planificación e promoción turística facíase de espaldas ós concellos. Nós faremos un plan de actuación turística serio para toda a provincia escoitando ós concellos, para que os recursos se destinen a actuacións concretas que teñan un retorno que se multiplique na sociedade. Do mesmo xeito acontecerá do deporte e así, a través das necesidades dos propios concellos e clubs deportivos, crearemos un plan de actuación deportiva que eliminará o reparto discriminatorio dos recursos".

A maiores, Carmela Silva destacou que "a Deputación quere converterse nun altavoz fronte a outras administracións políticas para desenvolver o noso entramado económico e apoiar, así ós sectores produtivos da provincia de Pontevedra".

Xa para rematar, Silva destacou que se está a elaborar, tamén, un plan de infraestructuras que incluirá o mantemento das estradas provinciais así como a firma de convenios cos concellos no caso de estradas provinciais que xa se converteron en vías urbanas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones