Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E SETE CONCELLOS DA PROVINCIA IMPULSAN A BIODIVERSIDADE NAS VILAS TERMAIS

Os alcaldes de Caldas, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz-Balneario, Vila de Cruces e representantes do concello de Tui reuníronse coa Presidenta da Deputación de Pontevedra

Os alcaldes de Caldas, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz-Balneario, Vila de Cruces e representantes do concello de Tui reuníronse coa Presidenta da Deputación de Pontevedra

Fecha: 11 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os alcaldes de Caldas, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz-Balneario, Vila de Cruces e representantes do concello de Tui reuníronse, esta mañá, coa Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e co deputado delegado de cooperación, David Regades, co obxectivo de preparar a convocatoria para a presentación do proxecto "Hydrothermas, Vilas termais de Pontevedra e norte de Portugal" no marco do POCTEP (Programa de Cooperación de Interreg-V España-Portugal), cuxo prazo de inscrición remata o vindeiro 18 de decembro. Ademais dos sete concellos da provincia e da Deputación de Pontevedra, participan tamén no proxecto as cámaras municipais portuguesas de Vizela, Penafiel e Guimaraes, así como a Universidade de Vigo e de Minho.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou que "o termalismo ten unha enorme potencialidade na provincia de Pontevedra que temos que poñer en valor para impulsar actuacións concretas planificadas a corto, medio e longo prazo, coa participación activa e liderado dos concellos, coa finalidade de que os recursos que investimos teñan retorno real nos mesmos". Para elo, e ademais do impulso do sector a través de turismo e do proxecto "Hydrothermas", desde a institución provincial elaborarase unha guía dixital e en papel que permitirá dar a coñecer os diferentes aspectos do termalismo na provincia de Pontevedra.

Silva agradeceu, ademais, a participación dos sete concellos no proxecto "Hydrothermas" así como o seu aporte de ideas para a boa marcha desta iniciativa que contribuirá a impulsar o sector termal da provincia de Pontevedra. Así, a Presidenta da Deputación destacou que "moitos alcaldes veñen reclamando un proxecto de apoio real ó termalismo na provincia de Pontevedra e este empeño é o que leva a que esteamos traballando xa tecnicamente en actuacións concretas e concordadas".

Carmela Silva tamén manifestou que pedirá unha reunión coa Xunta de Galicia xa que a administración autonómica xunto coa Deputación de Ourense foi a que elaborou o plan estratéxico de termalismo de Ourense. Neste contexto, Silva asegurou que "non pedimos nin máis nin menos, pero si que se nos teña en conta porque a provincia de Pontevedra é a que aglutina a maior oferta termal de España, co maior número de prazas hoteleiras e da máxima categoría, xa que o 75% das mesmas correspóndense con establecementos de catro e cinco estrelas".

"Hydrothermas Vilas Termais de Pontevedra e norte de Portugal" ten como eixo prioritario o crecemento sostible. Para elo tratará de promover e desenvolver o produto turístico termalismo de Pontevedra e norte de Portugal, a través dunha cooperación transfronteiriza que une biodiversidade e termalismo, mediante a creación de novas infraestruturas e servizos termais e a mellora das existentes e a súa promoción, fomentando a vertebración do sector, garantindo a participación dos concellos termais, o sector privado e as entidades públicas e veciñais.

Desde o punto de vista máis específico o proxecto pretende a creación da rede de municipios termais de Pontevedra e norte de Portugal, a creación de novos produtos turísticos termais capaces de atraer a novos segmentos de público, a ampliación e mellora da oferta termal e turística das vilas termais, a protección dos acuíferos termais como recursos naturais, a mellora e protección dos parques termais, I+D+i no ámbito termal, creación de marca, elaboración da carta de paisaxe das vilas termais, promoción conxunta das mesmas e desenvolvemento de programas de termalismo orientados a diferentes segmentos de poboación.

Ademais, "Hydrothermas" propón impulsar o papel das administracións locais no estudo a través da planificación e xestión integrada das vilas termais, como estratexia para garantir o seu desenvolvemento socioeconómico sostible, e para mellorar a protección dos ecosistemas das vilas termais, dos seus recursos hidrotermais, os seus espazos naturais, o seu paisaxe e o seu patrimonio cultural. Para elo, a maiores das medidas de protección dos acuíferos termais proporanse actuacións de conservación e estudo da biodiversidade e espazos naturais das vilas termais e a elaboración de cartas de paisaxe de cada vila termal.

"Hydrothermas" permitirá que en cada concello se leven a cabo actuacións para restablecer a súa biodiversidade, recuperando e poñendo en valor parques, infraestruturas termais, paseos fluviais e impulsando a creación de espazos ecolóxicos e centros de interpretación. Ademais, a Universidade de Minho realizará un análise para a ordenación do territorio das vilas termais e a Universidade de Vigo analizará a biodiversidade das mesmas así como o desenvolvemento de novos produtos termais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones