Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra impulsa o certificado de calidade sicted entre o sector turístico de Tui

O deputado de Turismo, Santos Héctor, destaca que xa son máis de noventa empresas de toda a provincia as que solicitaron a súa certificación

O deputado de Turismo, Santos Héctor, destaca que xa son máis de noventa empresas de toda a provincia as que solicitaron a súa certificación

Fecha: 18 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe a última das xuntanzas para impulsar un plan de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas da provincia para implantar o certificado de calidade SICTED. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou hoxe nesta sesión informativa sobre o proxecto, que se celebrou na localidade de Tui, que dende que comezou a campaña de promoción xa son máis de noventa empresas de toda a provincia as que solicitaron a súa certificación.

Na presentación da certificación de calidade celebrada en Tui, o deputado provincial estivo acompañado polo alcalde, Enrique Cabaleiro; e Tania Abalde, técnico da consultora que desenvolve o proxecto Sicted na provincia. Segundo destacou Santos Héctor, tras os nove encontros co sector celebrados en sete comarcas da provincia foron máis de noventa empresas as que solicitaron a súa certificación "o que demostra a gran acollida que está a ter entre o sector turístico da nosa provincia a certificación de calidade para mellorar o seu posicionamento no sector".

O deputado de Turismo recordou que neste intre existen 203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED as que sumaríanse estas noventa co cal a "rematando a campaña de promoción teriamos sobrepasados os obxectivos que nos plantexamos ao comezo", tal e como puxo de manifesto.

Tania Abalde, responsable da empresa consultora que vai implantar a certificación, insistiu en que a metodoloxía e os requisitos son esixidos pola Secretaría de Turismo do goberno de España, que é quen finalmente outorga a distinción.
Para poder optar á certificación, as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED, que son praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.

As empresas teñen o mes de setembro para adherirse ao proxecto. Dado o número de empresas que teñen solicitado a súa inclusión xa abriuse o proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones