Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOVE O PROXECTO HYDROTHERMAS VILAS TERMAIS DE PONTEVEDRA

No proxecto está incluida tamén a cidade de Tui

No proxecto está incluida tamén a cidade de Tui

Fecha: 03 de Diciembre de 2015

Fuente: depo.es

O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá o primeiro encontro para a posta en marcha do proxecto europeo "Hydrothermas Vilas Termais de Pontevedra", enmarcado na primeira convocatoria INTERREG V-POCTEP Programa de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal.

Este primeiro encontro, no que participaron a Deputación de Pontevedra (como socio líder) e representantes dos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz-Balneario, Tui e Vila de Cruces, das Cámaras Municipais de Vileda, Penafiel e Guimaraes, así como da Universidade de Vigo e de Minho, socios do proxecto, servirá para preparar a documentación esixida e realizar o informe previo para poder poñer en marcha o proxecto de impulso do termalismo.

O deputado provincial de cooperación, David Regades, destacou que "o termalismo ten unha enorme potencialidade na nosa provincia e desde a Deputación vamos a traballar, de forma seria e contundente, para poñer en valor esta cuestión que é unha forma de impulsar a economía neste territorio, tan importante en momentos como o que estamos a vivir". A maiores, Regades asegurou que "en colaboración cos concellos da provincia de Pontevedra e cámaras municipais portuguesas, así como coa Universidade de Vigo e Minho, imos a realizar un proxecto europeo que nos servirá para atopar novas formas de impulsar o termalismo".

Esta actuación de cooperación entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal serve para potenciar os lazos sociais e naturais entre ambas rexións así como pon de manifesto a importancia do termalismo nestas rexións. Neste contexto, cabe destacar que a provincia de Pontevedra é a provincia con máis recursos termais de España e que o Norte de Portugal conta con importantes vilas termais como Vileda, Penafiel ou Guimaraes.

O proxecto "Hydrothermas Vilas Termais de Pontevedra" ten como obxecto a promoción e desenvolvemento do produto turístico termalismo de Pontevedra, mediante a creación de novas infraestruturas e servizos termais e a mellora das existentes e a súa promoción, así como o fomento da vertebración do sector e a mellora da competitividade, garantindo a participación dos concellos termais, o sector privado e as entidades públicas e veciñais. Para elo, e a través do proxecto, a Deputación de Pontevedra impulsará a creación de novos produtos turísticos termais, ampliará e mellorará a oferta termal e turística das vilas termais, protexerá os acuíferos termais como recursos naturais, mellorará e protexerá os parques termais, aplicará medidas de I+D+i no ámbito termal, impulsará a creación de marca e promoción conxunta das vilas termais de Pontevedra e apostará polo desenvolvemento de programas de termalismo orientados a diferentes segmentos de poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones