Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN E O ATLÉTICO GUARDÉS FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A PROMOCIÓN DO DEPORTE

O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.

O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.

Fecha: 03 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente do Club Atlético Guardés de Balonmán, José Manuel Silva Vicente, firmaron hoxe o convenio de colaboración en materia deportiva polo que a institución provincial aporta a cantidade de 30.000 euros para a tempada 2015/2016.

O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva.

O presidente do club fixo entrega dunha camiseta da equipación oficial do Atlético Guardés á presidenta da Deputación na que as membras do equipo oficial estamparon a súa firma. Carmela Silva mostrouse emocionada polo regalo e sobre todo, por conter as firmas das xogadoras as que animou a seguir traballando cara a lograr uns bos resultados. De feito, Silva destacou que "este equipo que representa a toda a provincia de Pontevedra, sobre todo as súas mulleres, é un exemplo do esforzo e compromiso cos valores do deporte".

O convenio para a promoción do deporte contempla que o equipo lucirá na manga dereita da súa equipaxe oficial o logotipo da Deputación ademais de diversa publicidade no seu campo de xogo. Tamén ofrecerá de balde invitacións para a asistencia aos seus partidos as escolas deportivas municipais.

Esta iniciativa enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.

A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz e a Gimnástica de Atletismo de Pontevedra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones