Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación erixe a Tui como epicentro do debate europeo sobre Mobilidade Transfronteiriza

Haberá representantes da Comisión Europea, da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa, do Eurodistrito de Basilea, do Euskotren e de Aragón e Catalunya, entre outras localidades

Haberá representantes da Comisión Europea, da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa, do Eurodistrito de Basilea, do Euskotren e de Aragón e Catalunya, entre outras localidades

Fecha: 05 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

'Mobilidade transfronteiriza: a raia húmida a debate a través de casos europeos de éxito' é o título das xornadas organizadas pola Deputación que farán do Concello de Tui o epicentro do debate europeo sobre mobilidade transfronteiriza o vindeiro venres. O obxectivo é analizar con representantes de grande talla internacional cales deben ser as liñas de actuación para facer máis fluídas as áreas de fronteira e que, no caso da Eurorrexión, segundo o deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, " deben pasar por unha verdadeira aposta polo ferrocarril entre Porto e Vigo ".

Estas xornadas organizadas polo Departamento de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela supoñen a segunda cita internacional sobre a relación de territorios separados por fronteiras físicas logo da celebrada o pasado 21 de abril en Tomiño. Entón os protagonistas foran representantes das máis importantes Agrupacións Europeas de Cooperación Transfronteiriza de toda Europa para servir como exemplo á AECT de nova creación que se está a poñer en marcha para desenvolver o territorio que rodea ao Río Miño.

Neste caso, os relatores que estarán presentes e que aportarán información básica para o desenvolvemento da AECT Río Miño, falarán da mobilidade e a cohesión transfronteirizas a través da visión das institucións europeas. Serán o experto da Comisión Europea sobre cooperación territorial e AECT, Dirk Peters, e o secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE), Martín Guillermo.

Haberá tamén un espazo para falar de diferentes experiencias de mobilidade de éxito, que serán expostas por Frédéric Duvinage, director do Eurodistrito Trinacional de Basilea; Gorka Ugalde, director adxunto do Euskotren; Joaquín Palacín, director xeral de Ordenación do Territorio do Gobierno de Aragón; e Benjamín Cubillo, subdirector de Transporte público e mobilidade da Generalitat de Catalunya.

Tamén haberá un detabe, moderado polo deputado provincial de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, sobre a mobilidade transfronteiriza como factor de desenvolvemento. Neste apartado todos os relatores pertencerán tanto a Galiza como ao Norte de Portugal: Júlio Pereira, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho; Xosé Carlos Fernández, enxeñeiro técnico de Obras Públicas, responsable da web 'O Camiño de Ferro en Galicia'; e Miguel Pazos Otón, profesor da USC e investigador en mobilidade e transportes sostibles.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones