Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación financiará a construcción do skate park Atalaia na Guarda

O concello de A Guarda recibe por parte da Deputación 79.739,65 ? que destinará á construción do skate-park Atalaia

O concello de A Guarda recibe por parte da Deputación 79.739,65 ? que destinará á construción do skate-park Atalaia

Fecha: 30 de Julio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará o martes seis novas achegas para os concellos de Cangas, A Guarda, Mos, Nigrán e Ponteareas, dentro da Liña 1 do "Plan Concellos 2018". Estes investimentos supoñen un total de 710.632,46 euros.

Así, a institución provincial destina ao concello de Cangas dúas novas achegas cun valor total de 329.994,13 euros. Máis polo miúdo, o goberno de Carmela Silva destina 177.532,05 euros ao proxecto de mellora de abastecemento e saneamento en Camiño Rabáns, Pagha da besta e praia Castiñeiras; e outros 152.462,08 euros para a mellora de servizos e pavimentación da rúa Valentín Losada. Con esta achega, Cangas xa ten recibido 974.908,66 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 51,66% do Plan Provincial.

Pola súa banda, o concello de A Guarda recibe por parte da Deputación 79.739,65 € que destinará á construción do skate-park Atalaia. O goberno de Carmela Silva xa destinou á Guarda 709.500,91 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 52,6%.

No caso de Mos, a Institución achega un total de 120.000 euros para financiar o proxecto dun parque en Pesqueira, Paseo do Louro. Con esta achega, Mos xa ten recibido 305.734,09 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 18,47% do Plan Provincial.

Así mesmo, a Deputación destina 84.643,17 euros ao concello de Nigrán para o acondicionamento da rúa Igrexa-Chandebrito. A institución provincial xa destinou a Nigrán 404.854,59 euros, isto supón o 23,69% do plan.

E xa por último, o goberno de Carmela Silva achega 96.255,51 euros ao concello de Ponteareas para o proxecto de substitución do equipo de climatización na piscina municipal. Con esta achega, Ponteareas xa ten recibido 468.656,51 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 23,61%.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí