Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación poderá manter a financiación sobre o centro asociado da Uned da provincia de Pontevedra

E unha boa nova ? continúa Silva- para todos os alumnos e alumnas da UNED

E unha boa nova ? continúa Silva- para todos os alumnos e alumnas da UNED

Fecha: 28 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou hoxe a súa satisfacción pola posibilidade de que a institución provincial poda seguir mantendo o seu apoio financeiro ao centro asociado da UNED da provincia.

A Deputación recibiu hoxe unha comunicación do Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas nas que se aclaran os termos nas que a partir do próximo ano os concellos e as deputacións poden manter as súas aportacións ao funcionamento da UNED algo que estaba en perigo, tal e como anunciara a propia Carmela Silva fai máis dun mes, pola entrada en vigor da Lei de Racionalidade e Sostenibilidade da Administración Local (LRSL 27/1203) que impoñerá o goberno do Partido Popular o pasado ano 2013.

En aplicación da disposición transitoria novena da LRSL 27/2103 as entidades locais e as deputacións non podían incluír nos seus orzamentos, a partir deste ano, ningunha financiación para os centros asociados da UNED.

Precisamente Carmela Silva o pasado mes de xuño subliñou a situación creada polo goberno de Mariano Rajoy que impedía a concellos e deputacións seguir coa financiación das aulas da universidade a distancia pero non ofrecía unha vía alternativa de financiación por parte de ningunha outra administración.

De feito, a Presidenta remitiu un escrito ao Ministro de Educación reclamando a derogación da disposición legal ou ben un prazo maior para a súa aplicación. Nesta mesma liña outras deputacións e moitos concellos ao igual que a FEGAMP a FEMP se dirixiron ao goberno de Rajoy pedindo unha modificación da lei.

Para Carmela Silva a "presión" exercida polo municipalismo de todo o país "logrou que o goberno do Partido Popular rectificara". "E unha boa nova - continúa Silva- para todos os alumnos e alumnas da UNED".

A Presidenta, moi satisfeita pola rectificación do goberno de Mariano Rajoy, asegurou que a Deputación de Pontevedra vai seguir prestando o seu apoio aos centros da Universidade a Distancia en Pontevedra, Vigo, e Tui "garantindo así que os seus alumnos e alumnas teñan futuro cos seus estudos".

Por último, Carmela Silva instou o Partido Popular a eliminar esta lei "que está a sufrir parches de xeito continuo e a garantir unha financiación acorde e necesaria para que as entidades locais podan desenvolver na mellor das condicións posibles os servizos aos seus veciños e veciñas"
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones