Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación remata unha obra de emerxencia no acceso á Igrexa de Caldelas en Tui

O deputado Uxío Benítez sinala que os traballos consistiron en crear un novo muro e rehabilitar a calzada para evitar o seu colapso

O deputado Uxío Benítez sinala que os traballos consistiron en crear un novo muro e rehabilitar a calzada para evitar o seu colapso

Fecha: 25 de Octubre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de finalizar os traballos da obra de emerxencia realizada na estrada provincial EP-3004 de acceso á igrexa de Caldelas en Tui. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, iniciouse a instancias do persoal de vixilancia para evitar o seu colapso ao detectar risco de desplome.

O deputado subliña que a intervención realizouse nunha zona da calzada situada sobre un muro de contención de catro metros de altura -no seu punto máis elevado- que estaba a desprazarse xerando un risco para a circulación. Inspeccionado o muro, o seu mal estado deixaba ver a posibilidade dunha inminente caída, polo que se considerou necesaria unha obra de emerxencia para a reconstrución inmediata da construción de sostemento e da vía.

Unha vez xustificada a emerxencia da obra, adxudicouse á empresa ‘Arines, Obras y Proyectos SL' cun orzamento inicial de 60.000 euros. Os traballos comezaron o pasado 17 de setembro e prolongáronse durante unhas cinco semanas, retirando o antigo muro e consolidando un novo noiro de sostemento. Segundo manifestou o deputado, foi fundamental actuar con rapidez para consolidar o noiro e rehabilitar o firme da estrada, xa que de ter agardado por unha contratación ordinaria dos traballos en lugar de urxente, a falta de seguridade viaria sería maior e, con toda probabilidade, de haber novas chuvias e arrastres de terras previsibles durante o outono e o inverno, sería necesaria unha intervención moito máis custosa que a actual para arranxar a situación.

Hai que lembrar, en calquera caso, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha outro proxecto complementario para a estrada EP-3004 e EP-2505 situadas na parroquia de Baños de Caldelas, para a mellora da mobilidade sostible consistente na construción dunha senda peonil, dunha glorieta de ordenación do tráfico e da mellora da contorna da igrexa por valor de 435.309,13 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones