Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación transforma o núcleo de Ribadelouro en Tui recuperando o espazo público para as persoas ao abeiro do seu modelo de mobilidade

Carmela Silva: -Supón un cambio radical para esta contorna que xa non é un espazo para os vehículos, xa é un espazo para as persoas e estas son as cousas que cambian un pobo-

Carmela Silva: -Supón un cambio radical para esta contorna que xa non é un espazo para os vehículos, xa é un espazo para as persoas e estas son as cousas que cambian un pobo-

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Carmela Silva: -Supón un cambio radical para esta contorna que xa non é un espazo para os vehículos, xa é un espazo para as persoas e estas son as cousas que cambian un pobo-

 

Enrique Cabaleiro: “Agradecemos á Deputación este esforzo porque está transformando a provincia e esta obra é un exemplo de como recuperar espazos emblemáticos e destinalos á cidadanía”

 

A parroquia de Ribadelouro, en Tui, celebrou este mércores por todo o alto a total transformación acadada coa actuación desenvolvida na estrada provincial que cruza o pobo que, de ser un viario que invadía o epicentro desta zona sen conceder espazo para a veciñanza, pasou a converterse nunha zona amable, sostible e segura para as persoas da man da Deputación e do Concello. A mellora efectuada na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro ao seu paso pola parroquia deu resposta, como subliñaron hoxe a presidenta provincial Carmela Silva e o alcalde Enrique Cabaleiro, “a unha demanda histórica da veciñanza”. De feito, o acto de apertura do viario congregou a numerosos veciños e veciñas  e representantes das asociacións e da Comunidade de Montes da parroquia.

 

As obras de mellora da seguridade viaria centráronse na recuperación de espazo público para a veciñanza, tendo tamén en conta que se trata dunha zona de tránsito moi transitada por peregrinas e peregrinas, xa que forma parte do trazado do Camiño Portugués. Os traballos, que incluíron a creación dunha plataforma única con preferencia peonil, realizáronse nun treito de 200 m, dende o pq 1+950 ao 2+150, no tramo que discorre por diante do centro sociocultural de Ribadelouro, a igrexa de Santa Comba, o cemiterio e o adro da festa, amais da reurbanización de toda a contorna. A actuación tivo un orzamento de 468.243€ e a Deputación recibiu unha subvención de 120.000 euros de fondos europeos do Plan de Recuperación. O resto do investimento (348.243 €) foi financiado mediante un convenio a través do cal a institución provincial aportou o 70% (243.771€) e o Concello o 30% restante (104.472€).

 

Para a presidenta provincial, Carmela Silva, “esta é unha obra que supón un cambio radical da contorna e un exemplo máis da transformación que está a experimentar esta provincia da man do modelo de mobilidade, un modelo do século XXI centrado nas persoas”. “Xa cando iniciamos as obras o pasado ano –sinalou- comentei que non ía haber quen recoñecese a zona e hoxe podemos comprobalo. Nesta actuación sae gañando a veciñanza, que agora dispón dunha zona segura, sostible e amable para transitar, e tamén as persoas que nos visitan, especialmente as peregrinas e peregrinos, porque non hai que esquecer que Tui é o corazón do Camiño Portugués”. Carmela Silva subliñou así mesmo que “a recuperación do espazo público para as persoas é para este Goberno a gran prioridade no eido da mobilidade”. “Temos moi en conta –engadiu- que este tipo de actuacións devólvenos a interacción social, a relación entre as persoas, e tamén propician logo a mellora de negocios ou a instalación doutros novos, en definitiva, permiten o crecemento cun modelo axeitado”. “Falamos, dixo, dunha actuación historicamente demandada que xa é realidade tamén polo empeño do alcalde de Tui que tiña claro que este lugar tan emblemático e patrimonial merecía un cambio total do modelo. Este xa non é un espazo para os vehículos, xa é un espazo para as persoas”. “Estas son as cousas que cambian un pobo, subliñou Carmela Silva, quen agradeceu ao alcalde “que non só actúen no centro urbano senón nas parroquias porque somos un pais de parroquias de moita identidade e que precisan deste tipo de transformacións”.

 

Pola súa banda, o alcalde Enrique Cabaleiro sinalou que esta actuación “era unha prioridade e que ademais responde á aposta de transformar non só o centro urbano senón tamén as parroquias de Tui que deben ser obxecto de coidado e protección”. Insistiu en que “era necesaria unha actuación deste tipo tamén polo valor patrimonial da zona pola que descorre o Camiño de Santiago e polo seu peso social e económico”. Cabaleiro asegurou que “sentímonos moi orgullosos do resultado e agradecemos á presidenta da Deputación este esforzo porque que desde a súa chegada ao goberno está transformando esta provincia e esta obra é un exemplo de como recuperar estes espazos emblemáticos e destinalos á cidadanía”. Cabaleiro, que agradeceu o traballo tamén á veciñanza de Ribadelouro, ao persoal técnico, a empresa, ao deputado de infraestruturas e á corporación tudense, insistiu en que haberá máis proxectos nas parroquias do rural “que xa temos en marcha”

 

A actuación

O espazo obxecto de actuación en Ribadelouro converteuse nunha zona de tráfico compartido con preferencia peonil, coa creación dunha plataforma única para toda a calzada. Amais, acondicionouse o viario municipal que cruza a estrada provincial, mellorouse o trazado existente, ao ampliar o radio das curvas máis pechadas, e executouse unha beirarrúa máis ancha que a existente para separar o tráfico peonil do vehicular. As obras incluíron tamén a substitución da iluminación existente por novos equipos de tecnoloxía led e a incorporación de elementos físicos redutores de velocidade na calzada, optimizando deste xeito a eficiencia enerxética do espazo e a redución do CO2. Así mesmo, habilitouse unha zona verde e instaláronse bancos, co fin de promover a contorna como un lugar de interacción social entre a veciñanza. Tamén instalouse unha nova solución de drenaxe para dispor dun itinerario atractivo e seguro para os/as peóns/as.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí