Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A desestacionalización e elaboración dunha estratexia conxunta con Valença retos que Tui debe asumir en Turismo

Foron parte das conclusións da xornada celebrada hoxe, na que tamén se fixo fincapé na sostibilidade

Foron parte das conclusións da xornada celebrada hoxe, na que tamén se fixo fincapé na sostibilidade

Fecha: 28 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

A desestacionalización do turismo e a súa potenciación conxunta con Valença no marco da Eurocidade son dous dos retos aos que se enfronta Tui de cara ao futuro no sector do turismo. Tamén a aposta polo Turismo 4.0 deben figurar na axenda de cara aos próximos anos. Así se expuxo esta mañá na xornada "Turismo e emprego: un futuro mellor para todos" que se celebrou na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos.

No acto inaugural o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que o turismo é o principal motor económico no municipio, e afirmou que ao elaborar a estratexia turística, esta tense que plantexar conxuntamente con Valença porque "temos as mesmas potencialidades", dicía o rexedor. Tamén reflexionou sobre as ameazas que poden existir polo que dicía que hai que apostar por un turismo sostible, de calidade e especializado.
A xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, Mª José Echevarría, remarcou a aposta por un turismo de calidade, desestacionalizado e que sexa unha fonte de riqueza ao longo de todo o ano.

Tanto o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, coma a concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, coincidiron en sinalar, no acto inaugural, as iniciativas que poden xurdir no eido turístico a raíz da xornada celebrada hoxe. Aludiron tanto ao turismo sostible coma ao traballo conxunto con Valença, que permitan a consolidación do sector. Igualmente o vereador de Turismo de Valença, Jose Monte, apuntou a situación estratexia da Eurocidade Tui-Valença e as potencialidades deste territorio, polo que hai que ollar, dicía, ao futuro e facelo dende a perspectiva da sostibilidade.

Na primeira ponencia Tamara Tilve, consulta de Valora, empresa que elaborou o Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui, explicou o proceso de elaboración deste documento, no que a participación foi un dos puntos importantes. Repasou os catro retos plantexados nas conclusións xunto coas seis estratexias básicas a realizar no marco temporal do plan. Aludiu tamén á desestacionalización coma reto, a importancia da diferenciación, da sostibilidade e do turismo 4.0.
Nesta xornada presentouse a web de Turismo realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego "Percorre Tui", concibida coma unha ferramenta accesible dende distintas plataformas e dinámica.

A parte final da xornada foi unha mesa redonda, desenvolvida co mesmo lema que o Día Mundial de Turismo deste ano "Turismo e emprego: un futuro mellor". Na mesma participaron representantes de IDEA Consultores, Xeodestino Ría de Vigo, Clúster de Turismo de Galicia, Auturminho, e a Cámara de Comercio de Tui. Os novos perfís no sector do turismo, posibilidades de emprendemento, a competitividade ou o financiamento foron algúns dos puntos tratados.

Pechou a xornada Sandra Touza coa ponencia "Turismo sostible: a clave para o desenvolvemento do sector turístico". Esta tarde haberá unha visita guiada ao Tui Xudeu para o público en xeral.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones