Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A dixitalización do rexistro, primeiro paso cara a implantación da administración electrónica en Tui

Dende este mércores toda a documentación que se presente por rexistro de entrada será dixitalizada

Dende este mércores toda a documentación que se presente por rexistro de entrada será dixitalizada

Fecha: 22 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Dende o mércores, 22 de marzo, toda a documentación que se presente por rexistro de entrada no Concello de Tui pasará a estar dixitalizada. Co posta en marcha do rexistro electrónico dáse o primeiro paso de cara a implantación da administración electrónica no concello tudense. O seguinte proceso será o inicio do xestor de expedientes, o mércores 29 deste mes, proseguindo nas próximas semanas nos distintos servizos ata completarse o cento por cento dos departamentos.
A implantación da administración electrónica, que se realiza a través da plataforma Xestiona desenvolvida pola empresa esPublico, permitirá axilizar os trámites coa administración municipal sen ter que desprazarse fisicamente ata a casa do concello, ao tempo que supón un gran cambio na organización interna, conlevará unha mellor comunicación entre departamentos, e maior transparencia.





O pasado venres responsables de esPublico fixeron a presentación pública da ferramenta a empregar aos traballadores municipais e membros do equipo de goberno, e dende este luns están a realizar consultorías con cada departamento para coñecer os procesos que realizan e as necesidades que teñen de cara a implantación da nova tramitación. Tamén se realizarán posteriormente xornadas de formación para os empregados municipais no uso de Xestiona.

Unha vez a administración electrónica estea completamente implantada os cidadáns poderán dirixirse de forma telemática ao Concello e recibir a información solicitada do mesmo xeito. Para iso será preciso que conten co DNI electrónico ou un certificado electrónico para poder acreditar a súa identidade. De feito as empresas, asociacións e cidadáns autónomos colexiados deberán empregar, unha vez estea en funcionamento, a vía telemática na comunicación coa entidade municipal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí