Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A ELM de Camposancos presenta -Os segredos do Nadal Camposino-

Unha celebración pensada para ser camiñada e en familia, e na que invitamos a participar a toda a comarca pois estará montada ata o 8 de xaneiro.

Unha celebración pensada para ser camiñada e en familia, e na que invitamos a participar a toda a comarca pois estará montada ata o 8 de xaneiro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Diciembre de 2021

Fuente: ELM de Camposancos

Camposancos engalánase cunhas excelentes decoracións de nadal cubrindo de fantasía tódolos  espazos nun proceso de creación colectiva. Os veciños e veciñas  de tódolos barrios decoran as súas casas e os espazos públicos con materiais naturais , ou de refugallo, evitando ao máximo a utilización de plásticos.  As decoracións teñen temática variadas,  aínda que sempre coa dinámica propia do nadal . Dende a ELM queremos agradecer a implicación da veciñanza  que dedica moitas horas a decorar os seus espazos.

Os traballos de decoración teñen gran calidade e son moi imaxinativos. Trátase dun nadal ecolóxico, de proximidade, biodegradable, reciclado e coas mínimas emisións de CO2, con perspectiva de xénero, en galego e cun enfoque claramente tradicional. Nel participan tódolos barrios na medida das súas posibilidades, nun proceso colaborativo, que axuda a construír comunidade e gozar do traballo colectivo, pensado para ensinar as máis pequenas da casa novas maneiras de enfrontar a nova realidade e cuidar o planeta, mediante o xogo e a diversión.


O día 24 e 31 haberá un pasarrúas animado polas gaiteiras “Do lusco ao fusco” e polos bonecos da tele coa asociación “Estudio 88”. O pasarrúas sairá de Granxa Nova ás 4:30 da tarde e pasará polos barrios  en dirección ao Palomar onde rematará a festa. Hai previstas paradas no edificio da Entidade Local Menor ás 5:00 da tarde  e na Fonte da Poza.  Animamos a toda a veciñanza e visitantes a unirse a comitiva e participar da maneira que máis lle apeteza.

Contarase coa presenza  do Apalpador  e da Apalpadora, personaxes tradicionais da cultura galega  equivalentes a Papa Noel, carboeiros de pelo vermello que viven no monte e que cada ano polo Nadal  baixan  saudar e xogar cos máis pequenos da casa repartindo comida e xerando fantasía e ilusión.

É un percorrido libre que leva os visitantes a descubrir espazos únicos e pintorescos no interior desta parroquia do extremo de Galiza, xusto onde o Atlántico se mestura co Rio Miño, que nunca deixa de sorprender pola súa beleza paisaxística.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí