Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Epic Race pasará por Tui esta fin de semana

Unha exixente proba de BTT de 550km en formato non stop, cun desnivel positivo acumulado de 14.500 metros

Unha exixente proba de BTT de 550km en formato non stop, cun desnivel positivo acumulado de 14.500 metros

Fecha: 08 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou a primeira edición da Epic Race Pontevedra, unha proba que nace co obxectivo de converterse nun referente non só en Galicia, senón en todo o territorio español, e que terá lugar na provincia os próximos 8, 9 e 10 de setembro.

Coa Epic Race, unha exixente proba de 550km en formato non stop, cun desnivel positivo acumulado de 14.500 metros, a provincia de Pontevedra converterase durante tres días no centro de atención do mundo do ciclismo BTT, deporte polo que está a apostar a institución provincial. De feito, a Deputación asinou un convenio coa organización por máis de 12.000 euros. En verbas de Carmela Silva, "coa presentación da primeira edición da Epic Race Pontevedra e co anuncio das dúas "Deporutas" de BTT, que celebraremos no mes de outubro, deixamos clara a nosa aposta polo deporte, pois este tipo de probas, que cada vez teñen máis adeptos, son unha boa alternativa para atraer a xente que poida coñecer os montes da nosa provincia, que as veces no son tan coñecidos como a nosa costa, e que verdadeiramente son unha xoia. En poucos lugares de Europa teñen uns montes de tanta beleza."

Á presentación asistiron alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras dos sete concellos que acollerán as oito etapas que compoñen a proba, Redondela, Tui, A Lama, Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade. José Victor Cimadevila, director de Global DXT organizadores da Epic Race, anunciou que haberá máis de 100 participantes chegados dende diversos puntos de Galicia e de todo o territorio español e valorou positivamente este dato, pois "probas coma esta non son multitudinarias, teñen un público moi específico, e amais gustaríame resaltar que a Epic Race vai máis aló do deportivo, xa que competirá xente de toda España que poderán coñecer a través desta proba a macroinstalación natural que temos na nosa provincia e que percorreremos nesta competición que, para min, é coma facer un turismo extremo."

Os participantes enfróntanse a un durísimo percorrido de oito etapas pola provincia de Pontevedra, ao longo do día e da noite, desafiando os montes e gozando das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas. O percorrido non está indicado mediante frechas, polo que o seguimento realizase lendo os datos do terminal GPS co que os participantes deben orientarse para chegar a Redondela, Tui, A Lama, Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade.

Respecto a dureza da proba, na que os participantes poderán completala en solitario ou en grupo, Carmela Silva sinalou que para ela "todos son heroes e heroínas. Paréceme case imposible facer 550 quilómetros cun desnivel de 14.500 metros" e tamén aproveitou para afirmar que está "segura de que a Epic Race será un éxito total e esta non será máis que a primeira das moitas edicións que están por vir."

O venres repartiranse os dorsais na propia Deputación de Pontevedra, a partir das 11.30h, e logo, ás 15.30h, haberá un briefing no salón de actos de Turismo Rías Baixas no que os organizadores darán toda a información que necesitan o centenar de participantes desta Epic Race Pontevedra 2017.

PRESENTACIÓN DAS DÚAS DEPORUTAS

Por outra banda, Carmela Silva aproveitou a rolda de prensa para presentar as dúas "Deporutas" que se celebrarán na provincia o próximo mes de outubro. A primeira delas, que sairá do Parque Forestal Urbano do Pontillón do Castro, e terá lugar polo entorno do monte Acival, celebrarase o vindeiro 1 de outubro; mentres que a segunda delas, que terá como punto de partida o pobo de Sabucedo, será o 29 de outubro. Nesta última "Deporuta" recorrerase corredoiras, camiños agrícolas e poderanse visitar varias parroquias do entorno do propio Sabucedo e de Codeseda.

A presidenta da Deputación de Pontevedra apuntou que "con estas "Deporutas" ofreceremos unhas fantásticas paisaxes da provincia de Pontevedra das que poderán gozar calquera persoa, xa que non require unha gran forma física, ao contrario da Epic Race. Polo tanto tamén servirán para que a xente apaixónese pola BTT."


Carmela Silva engadiu que "con probas de prestixio nacional e internacional e con iniciativas como estas "Deporutas" queremos que a BTT se converta nun turismo extremo de referencia na provincia, que sexa unha nova experiencia que propoñamos aos homes e mulleres tanto de Galicia como de España e de fóra do país."

Para a "Deporuta" do Pontillón, que ten un recorrido de 29 km e un desnivel acumulado de 700m, o prazo de inscrición ábrense este mércores 6 de setembro e pecharase o 18 de setembro, aínda que se pechará en canto as 250 prazas se esgoten. Pola súa banda, para a "Deporuta" de Sabucedo, que ten un recorrido de 30 km e un desnivel acumulado de 750m e para a que tamén terá 250 prazas dispoñibles, o prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 16 de outubro. A inscrición nas probas poderase facer a través da web da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones