Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A estimulación cognitiva e funcional dos usuarios e o apoio ás familias obxectivos dos obradoiro impartidos por AFAGA clausurados onte

Retomarán a actividade en setembro ao igual que o programa Cultiva a Mente

Retomarán a actividade en setembro ao igual que o programa Cultiva a Mente

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tui

Máis  dunha ducia de persoas participaron esta temporada nos obradoiros de “Estimulación Cognitiva e Funcional” que AFAGA en colaboración co Concello de Tui imparte en Randufe. Os usuarios e usuarias acoden en dous grupos os luns e mércores e os martes e xoves.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, participaron onte na despedida desta actividades, que tras as vacacións no mes de agosto, volverá a celebrarse a partir de setembro. Onte fixeron entrega aos usuarios e usuarias, acompañados polas súas familias, dos diplomas de remate de curso, da caderno coas actividades realizadas ao longo do ano, e dun pequeno agasallo.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientaba que o obradoiro clausurado onte é posible grazas a AFAGA e agradecía ao seu presidente, Juan Carlos Rodríguez, “o empeño que sempre tivo en pór isto en marcha”.  Referíase tamén o rexedor ao programa Cultiva a Mente, que rematou tamén hai uns días sinalando que “é a primeira vez na historia dun concello de Galicia que se traslada este tipo de servizos ás parroquias”.  Ao tempo Enrique Cabaleiro sinalou o compromiso do concello para seguir traballando para mellorar as instalacións nas que se prestan estes servizos. Nese senso aludiu ao proxecto para converter o coñecido coma edificio de CamFran, na avenida da Concordia, nun cetro de día.

 

Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA,  amosou a súa satisfacción “sobre todo pola resposta que estamos dando á cidadanía de Tui e da comarca”. Explica que o programa traballa para estimular aos usuarios a nivel a nivel cognitivo e funcional, e por outra parte coas familias  “para darlles soporte, respiro, información, asesoramento, e que se sintan acompañados nunha patoloxía que é complexa, que ten moitas modificacións ao longo do tempo, que é longa, e que precisa  dun apoio permanente para as familias”.

 

Hai oito anos que en Tui se imparte este obradoiro de estimulación cognitiva e funcional, inicialmente na Área Panorámica e dende hai cinco anos no Centro de Atención a persoas con demencia e familias, situado na antiga escola de Randufe.

 

AFAGA imparte en Tui este obradoiro de “Estimulación Cognitiva e Funcional” dirixido a persoas que foron diagnosticadas de algún tipo de demencia dexenerativa, e o programa “Cultiva a Mente” para maiores de 55 co obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable. Este último lévase a cabo en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones