Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A EUROCIDADE TUI-VALENÇA CONGREGOU NESTE MES A MÁIS DE 1.600 CICLISTAS NAS PROBAS DA V EUROCIDADE BTT E DA TRANSGALAICA TUI

Ao longo do ano celébranse cinco probas de bicicleta de montaña e unha de bicicleta de estrada

Ao longo do ano celébranse cinco probas de bicicleta de montaña e unha de bicicleta de estrada

Fecha: 15 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Seis probas de ciclismo teñen lugar ao longo do ano na Eurocidade Tui-Valença. Cinco delas son de bicicleta de montaña e unha de bicicleta de estrada. As excelentes condicións que presenta a Eurocidade para a práctica da BTT con lugares tan singulares coma o Parque Natural do Monte Aloia ou o Monte Faro, así coma a Fortaleza de Valença ou o Conxunto Histórico de Tui, xunto á boa organización dos clubs locais, e a colaboración de centos de voluntarios, marcan en destacado estas actividades na axenda dos afeccionados ás dúas rodas.

Neste mes de marzo celebráronse as dúas primeiras probas que sumaron 1.600 participantes. Así, o domingo día 6 tivo lugar a V Eurocidade BTT, organizada pola Peña Ciclista Biciosos. Congregou a 1.200 ciclistas de Galicia e Portugal nunha proba non competitiva polo municipio de Valença e Tui, a vella Ponte Internacional, os montes de Malvas, Pexegueiro, Tetón, Aloia e Faro, e coas famosas trialeiras da marcha biciosa. Éxito de participación nesta quinta edición e éxito organizativo, xa que, a pesar das dificultades de controlar a máis de 1.000 ciclistas, os 200 voluntarios da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, dos Bombeiros Voluntarios de Valença, Cruz Vermelha de Valença, Protección Civil de Valença, Cruz Vermella de Vigo, GNR, Policía Local de Tui, e clubs locais, aseguraron cada un dos cruces por onde pasaron os dous percorridos da proba, de 45 e 69 quilómetros. A saída e a meta estivo na piscina de Valença.

A Eurocidade Tui-Valença felicita a todos os integrantes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, pola magnífica organización desta quinta edición da Eurocidade BTT. Tamén agradece a colaboración dos patrocinadores principais Coca Cola, Eurobanan, Maribérica e SportPasión, así como a LusoPrint, VerdeAzul, BiciTui, BikeOcasión, M Bikes, Tramo Libre, Atlas Copco, HobbyBike, DeporBici, BiciOcon, Albergue Villa San Clemente, Hotel Alfonso I, Parque Natural do Monte Aloia, Comunidades de Montes e Entidades Locais Menores por onde pasou o percorrido, e aos voluntarios dos clubs tudenses e valencianos.

Xa onte domingo, 13 de marzo, foron case 400 os ciclistas que se deron cita na segunda proba da Transgalaica, baixo a organización do Club Ciclista de la Fuente e Team Relay. Un minuto de silencio en homenaxe aos ciclistas atropelados o sábado na Guarda, marcou a saída na que os participantes completaron dúas voltas ao circuíto establecido polo Parque Natural do Monte Aloia.

Os participantes puideron disfrutar de pleno o contacto coa natureza, xa que a saída e a meta estaban na zona da Macoca, onde fixeron uso das instalacións deportivas e de lecer que hai no lugar. Neste caso si houbo competición. A vitoria foi para Brandán Márquez do Galicia Enbici-Scott, seguido do asturiano Manuel Carrelo e do líder do circuíto, Javier Busto. Mentres na categoría feminina claro dominio de Lara Lois do C.C.O Grove seguida por Isabel Picoaga e Ana María González.

A Eurocidade volverá ser punto de encontro para os amantes da bicicleta coa Big Ride Eurocidade que se celebrará o 21 e 22 de maio, xunto coa segunda proba do Open de España de Enduro baixo a organización de Sherpa Project. Xa no mes de setembro disputarase o segundo circuíto 12 horas BTT organizado por MTB Aloia e en setembro o Mini BTT Concello de Tui. A estas probas de bicicleta de montaña sumarase en xuño unha competición de bicicleta de estrada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones