Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade Tui-Valença convértese na capital europea da mobilidade autónoma coa presentación do proxecto 5G-MOBIX

Na vella Ponte Internacional realizáronse distintas demostración co shuttle do CTAG

Na vella Ponte Internacional realizáronse distintas demostración co shuttle do CTAG

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Eurocidade Tui-Valença converteuse hoxe na capital europea da mobilidade conectada coa presentación do proxecto 5G-Mobix. Así o destacou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen sinalou o idóneo deste territorio para acoller esta presentación tendo en conta que é o lugar de maior tránsito transfronteirizo da península, e que une dous polos de gran actividade coma é a franxa atlántica de Galicia e o norte de Portugal. 

Enrique Cabaleiro, na súa intervención tanto no Teatro Municipal coma a carón da vella Ponte Internacional, agradeceu ao CTAG ter elixido a Eurocidade coma sede deste proxecto e máis concretamente “un lugar emblemático coma a vella Ponte Internacional”.

O alcalde de Tui lembrou que xa trasladaron aos responsables do CTAG o interese da Eurocidade neste vehículo autónomo para mellorar a comunicación dos dous centros urbanos . Nese senso avanzaba que a través de fondo europeos "imos tratar de optar a este proxecto” porque dicía “sería unha magnífica oportunidade, en aras de mellorar a mobilidade entre Valença e Tui, e sobre todo tamén en termos de economía social e eficiencia enerxética, dispor dun vehículo autónomo que funcionase de forma seguida e conectase os centros urbanos de Valença e Tui".

A vicepresidenta da Cámara de Valença, Ana Paula Xavier, amosou o seu agradecemento porque este territorio fose elixido para este proxecto, salientando o seu dinamismo poboacional e empresarial. unha aposta clara pola cooperación no territorio transfronteirizo máis dinámico do país.

Francisco Sánchez, director de Electrónica e Sistemas Intelixentes de Transporte do CTAG, explicaba esta mañá que a tecnoloxía 5G será a clave para a mobilidade autónoma permitindo que sexa máis segura e eficiente. 

Engadía coma hoxe amósanse os resultados principais deste proxecto e de coma a tecnoloxía 5G permite informar ao vehículo autónomo da presenza de peón ou permitir o control remoto do mesmo. 

O vehículo autónomo do CTAG, con capacidade para 12 persoas e unha velocidade máxima de 40 km/h, circulou hoxe pola vella Ponte Internacional, amosando as distintas situacións que na condución se poden dar coma a presenza dun peón ou dun obstáculo, aos que fai fronte grazas á tecnoloxía 5G, e que permite tamén no caso de ser preciso realizar unha condución remota do mesmo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí