Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A exposición -Artistas Tudenses- presenta a obra de trinta creadores artísticos

Pódese visitar até o 17 de maio na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez

Pódese visitar até o 17 de maio na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tui

Dende o pasado sábado pódese visitar na Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Artistas Tudenses”. A exposición, organizada polo Concello de Tui, con motivo das festas de san Telmo, recolle unha escolma da obra dunha trintena de artistas tudenses de diversas disciplinas artísticas.

Na mesma expóñense obras dende o século XVIII ata a actualidade. A máis antiga é unha pintura titulada “Pentecostés”, de  Benito Antonio Silva y Ruibal,  datada en 1783. Esta obra na actualidade é propiedade do Concello de Tui, e procede dalgún convento tudense desamortizado, posiblemente o convento franciscano de San Antonio. Expóñense tamén obras de Ricardo Padín e o seu fillo Eduardo, de Benito Prieto Coussent, dos irmáns Gonzalo e Jaime González Besada, ou da pintora e escritora Gloria Pereira García “María Tydeska”.

Están presentes tamén os nomes máis referenciais como Silverio Rivas ou Xosé Luís de Dios, que testemuñan un alto nivel de calidade nesta mostra representativa da arte tudense.

As esculturas de Moise Dikoff, Rai, Juan Vázquez, Romer ou Andrés Lamas, forman parte da mostra xunto ás obras pictóricas de Clara Torres, Luis Coello, Escuder, Martín Rodríguez, Rosa Vila, Nuria Buján, Beatriz Iglesias Almeida, Juan Valcárcel, etc

Complétase a exposición cunha escolma de fotógrafos, que se inicia coa figura de Santos Salvado, que nas últimas décadas do século XIX, fotografía a misión beneditina de Nova Nursia, en Australia, fundada polo seu irmán Frei Rosendo Salvado. Xunto a el nomes como Pedro Varela, Rosendo Bugarín, Gonzalo Gutiérrez, Juan Vila ou Gus Abreu.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, a mostra recolle nomes tudenses vinculados ás diversas expresións e modalidades artísticas, que expresan coas súas obras a súa capacidade creativa e de comunicación. Engade a concelleira “unhas obras que nos enriquecen como sociedade, que nos axudan a ollar de novos, e ás veces alternativos, xeitos a nosa realidade, a ter a capacidade de sumar á nosa mirada á diversa percepción que estes artistas expresan coa súa creatividade....”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones