Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Feira Cabalar, concertos, verbena con Panorama e a procesión de San Telmo xunto á tirada de fogos piromusicais para despedir as festas de 2023

O luns, 17 de abril, será festivo local en Tui

O luns, 17 de abril, será festivo local en Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Abril de 2023

Fuente: Concello de Tui

O luns de San Telmo e festivo local en Tui, será o día grande das festas na honra ao patrón de Tui e dos mariñeiros, cun amplo programa ao longo da xornada coa feira cabalar, os actos relixiosos, os concertos, a verbena…

En San Bartolomeu continuará a Feira Cabalar coa actividade de compra venda de gando dende ás 8 h. Ao longo da xornada está prevista unha exhibición de Andadura Galega (10h), unha xincana para nenos e nenas (11 h) e para público adulto (12 h) así coma a entrega dos Premios Especiais, con galardóns ao Mellor Xinete, Amazona, Cabalo, Poni, Carruaxe, Burro, Mula, Xinete máis xove e Amazona máis xove  e ao Tratante con máis Cabezas, Burros, Ponis e Cabalos (13 h). Ás 13:30 h o público poderá disfrutar de novo co espectáculo ecuestre de Santi Serra Camps, que ofrecerá xa hoxe domingo ás 19 h. Novamente mañá haberá poni club e paseos en carruaxe.

Ás 10.30 h sairá dende a Catedral a procesión pola Coronilla seguida da misa na honra a San Telmo, na que corresponde ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizar a ofrenda invocación a San Telmo.

 

Ás 13 h na casa do concello recibirase a delegación de Versmold que até o xoves 20 visita Tui con motivo do décimo aniversario do acordo de irmandade entre Tui e este municipio alemán. A continuación na rúa Ourense terá lugar a entrega do banco da Irmandade.

 

A fotografía é outra das citas da xornada coa exposición ‘As orixes da fotografía en Tui’ que recolle as imaxes tomadas a finais do século XIX e comezos do século XX polo catro primeiros fotógrafos que contaron con estudo en Tui. E empregando a técnica do ‘colodión húmido’ do século XIX un fotógrafo ambulante da empresa Lab on Wheels volverá estar na praza da Inmaculada.

 

Xa na parte gastronómica remata nesta xornada a Festa do Meixón que comezou o 1 de abril en distintos restaurantes tudenses.

Nesta xornada festiva a música chegará da man da Banda de Música Popular de Rubiós, das Neves, que ofrecerá un concerto na carpa da Corredoira ás 12.30 h, onde ás 18 h actuará a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Mentres a charanga Cantos Somos xunto aos Xigantes e Cabezudos estarán na praza da Inmaculada a partir das 17 h.  A orquestra Panorama amenizará a verbena no Espazo Feiral en dous pases ás 19.30 h e ás 23 h.

 

Ás 19 h está prevista a entrada na cidade da da Banda de Guerra e Guión da BRILAT  que dende a Glorieta de Vigo se trasladará até a praza de San Telmo onde realizará o homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

 

Dende a Catedral partirá ás 21 h a solemne  Procesión de San Telmo, unha das máis numerosas que se celebran na zona polo número de imaxes que participan chegadas de todas as igrexas parroquiais do municipio, como polo número de autoridades, agrupacións musicais,  e persoas que participan no percorrido   polas rúas da cidade, até regresar á praza de San Fernando onde terá lugar a ofrenda a San Telmo.

 

O colofón final das Festas de San Telmo e do día festivo na cidade será, coma xa é tradición, a tirada de Fogos Piromusicais dende os Xardíns de Troncoso, nos que se establecerá un dispositivo de seguridade.  A tirada de fotos de artificio, ao igual que o ano pasado, acompañarase con música.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí