Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A FISCALÍA ARQUIVOU A DENUNCIA PRESENTADA POR ACESA SOBRE A CONCESIÓN DE LICENZA PARA O NOVO CENTRO DE SAÚDE DE TUI

O informe técnico é favorable ao apuntar que o proxecto para o que se solicitou a licenza se axusta ao planeamento, mentres que o informe xurídico considera que non se axusta ao planeamento.

O informe técnico é favorable ao apuntar que o proxecto para o que se solicitou a licenza se axusta ao planeamento, mentres que o informe xurídico considera que non se axusta ao planeamento.

Fecha: 25 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotui.org

A Fiscalía provincial de Pontevedra decidiu o arquivo das dilixencias tras a denuncia presentada por ACESA, Alternativa ao Centro de Saúde, de Tui contra o Xunta de Goberno Local de Tui pola concesión, en sesión do 27 de outubro de 2014, da licenza municipal para a construción do novo centro de saúde de Tui, ao non acreditarse que os feitos denunciados revistan caracteres de delito.

A plataforma denunciante consideraba que a licenza concedida é "ilícita e está viciada de anulabilidade" baseándose na discrepancia entre dous informes de técnicos municipais. A fiscal delegada de Medio Ambiente e Urbanismo da Fiscalía de Pontevedra sinala que a cuestión de fondo determinante para se houbo delito é a discrepancia entre o informe técnico e o xurídico emitido por arquitecto e técnica de administración xeral de Tui. O informe técnico é favorable ao apuntar que o proxecto para o que se solicitou a licenza se axusta ao planeamento, mentres que o informe xurídico considera que non se axusta ao planeamento.

A fiscal afirma que é innegable a discrepancia entre os informes técnico e xurídico municipais, engadindo que a discrepancia é xurídica limitándose a unha cuestión de interpretación da norma urbanística. Sinala que "non hai indicio algún de que ningún dos intervenientes, quixeran co seu informe e resolución un resultado contrario a Dereito, nin moito menos de que algún deles, singularmente o arquitecto municipal, o alcalde e membros da Xunta de Goberno Local obtiveran ou pretenderan obter algún tipo de beneficio contrario a dereito". Por todo iso a fiscal dispón o arquivo das dilixencias ao non acreditarse que os denunciados revistan caracteres de delito.

Nunha nova oportunidade queda acreditada a legalidade da actuación municipal e o carácter conxuntural e político desta denuncia e a serodia protesta pola ubicación do centro de saúde logo de tantos anos dende a súa aprobación polo pleno do concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones