Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A fortaleza de Goián, en Tomiño, punto de partida este domingo da estrea de -depodesafío 2018-

A proba que abrirá este programa deportivo da Deputación de Pontevedra consistirá nunha carreira a pé de 14 quilómetros que unirá os concellos de Tomiño e da Guarda

A proba que abrirá este programa deportivo da Deputación de Pontevedra consistirá nunha carreira a pé de 14 quilómetros que unirá os concellos de Tomiño e da Guarda

Fecha: 21 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Deputación de Pontevedra estreará este domingo á primeira proba do programa "DepoDesafío 2018". A actividade, que consistirá nunha carreira a pé de 14 quilómetros, terá como punto de saída a Fortaleza de Goián, en Tomiño, e, tras pasar polo concello do Rosal, finalizará na alameda da Guarda, completando os últimos quilómetros aos pes do impoñente monte de Santa Trega.

Nesta carreira a pé as e os participantes percorrerán a senda do Miño, alternando zonas de camiños con outras de asfalto e con apenas desnivel acumulado. A proba sairá ás 10.30h e o prazo máximo para rematala será de 3 horas e 30 minutos.

Todas as persoas que participen nesta proba disporán dun servizo de autobús para desprazarse dende a Guarda, onde estará situado o aparcamento e os vestiarios, ata o punto de saída. Este bus sairá as 09.30 horas da mañá. As e os participantes na carreira poderán retirar o seu dorsal, chip e mochila desde as 9.00 ata as 10.15 horas. Amais, a institución provincial, antes de saída, sorteará 2 voos a Valencia.

"Depo Desafío 2018" enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

A seguinte proba do "DepoDesafío 2018" será unha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e A Illa da Toxa. Para esta proba, e para todas as que compoñen este programa (trail polo concello da Cañiza, proba de BTT en Cerdedo-Cotabade e tríatlon en distancia sprint en Vigo), segue aberto na web da Deputación de Pontevedra o prazo de inscrición.

Por outra banda, en cada unha das cinco probas haberá un gañador e unha gañadora que obterán un trofeo. Sen embargo soamente gañarán o "DepoDesafío 2018" a muller e o home que finalicen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Máis información: https://www.depo.gal/depodesafio

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí