Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle este domingo o espectáculo de humor Dúas mulleres de bandeiras+1

Coa participación de Cristina Maró, Nerea Garmendia e Rafa Durán, o acto terá lugar ás 18:00h na Praza de Avelino Vicente.

Coa participación de Cristina Maró, Nerea Garmendia e Rafa Durán, o acto terá lugar ás 18:00h na Praza de Avelino Vicente.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O vindeiro domingo día 22 de maio ás 18:00h da tarde a Praza de Avelino Vicente será o escenario para o Espectáculo de Humor “Dos mulleres de Bandeiras+1”. En caso de choiva realizarase no Centro Cultural.

 

Neste espectáculo de monólogos as actrices Nerea Garmendia e Cristina Maró  falan  en clave de humor das súas calamidades e de como, grazas ao positivismo as dificultades poden ser unha arma para enfrontarse á vida. Contarán experiencias sobre o amor, a vida e as súas enfermidades. O dúo de actrices estará acompañado polo showman e presentador da TVG Rafa Durán, quen complementará o show cómico coa axuda e a complicidade do público, asegurando así a diversión para tódolos presentes na tarde do domingo.

 

As dúas actrices, cunha larga traxectoria en televisión, cine e teatro padecen enfermidades como epilepsia e xordeira no caso de Nerea Garmendia ou esclerose múltiple no caso de Cristina Maró, e por iso queren demostrar ante o público que a pesar a pesar de que as veces non nos sorría a vida ,  con sentido do humor e forza pódese saír adiante.

 

Sobre as actrices e o presentador


Nerea Garmendia, actriz e presentadora vasca é coñecida especialmente polas súas aparicións no programa cómico da ETB Vaya semanita e na serie Los hombres de Paco (Tele 5), así como pola súa presenza en outros programas como La noche... con Fuentes y Cía (Tele 5),  90-60-90, diario secreto de una adolescenteLa Reina del Sur (Antena 3 y Telemundo),  Los Quién (Antena 3), etc.

 

 

Cristina Maró

Actriz e presentadora galega coñecida polas súas intervencións na TVG como presentadora  nos nos informativos especiais da TVG, en Land Rober ou na segunda temporada de Calendario extravagante. Mais tamén tivo incursións na televisión nacional, en programas como  La hora de José Mota (TVE 1) ou La Tira (La Sexta), así como reportera de La Sexta. Así mesmo é actriz de cine e teatro, destacando títulos como El Ladrón de Reliquias (2003, José Cora), Blockbuster (2013, Tirso Calero) ou a serie Aída (2008, Telecinco)

 

Rafa Durán

O presentador e cómico natural de Baiona, conta xa con  máis de 13 anos de experiencia en escenarios, locais, eventos, galas, televisión, etc… En televisión ten encabezado varios formatos sobre todo no canal autonómico galego, pero tamén a nivel nacional: “Comando Chef”  TVG,   “Buenas Noches y Buena Suerte” Antena3, “De Buena Ley” Telecinco, “Devino” V televisión, “Polo Chan”  TVG,   “Mientras Duermes”  Telecinco, “O Clan dos Impostores”  TVG, “Máis Galego”  TVG, “Imos de feira”  TVG, “Estache bo!” TVG…  Se ten especializado na condución e dinamización de eventos de coñecidas empresas por toda España: Banco Santander, Nivea, Audi, Loreal… Tamén foi a imaxe  de marcas como Estrella Galicia, Burger king o Bosch entre outras.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones