Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda acolle este sábado un espectáculo de baile e música da Man de -O Fiadeiro-

Sábado 17 de xullo ás 20:30h no Auditorio de San Benito, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

Sábado 17 de xullo ás 20:30h no Auditorio de San Benito, inscricións abertas en centrocultural@aguarda.es

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Este sábado día 17 de xullo o Auditorio de San Benito da Guarda será o escenario dun espectáculo de Baile e Música a cargo de “O Fiadeiro” e que terá inicio ás 20:30h da tarde.

 

As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional co obxectivo de visibilizar o baile e a música tradicionais de Galicia e achegalos ó público. As 3 asociacións están dedicadas, desde a súa fundación, á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.

 

O proxecto reúne as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atopar detrás do concepto de espectáculo: deseño escenográfico, recurso a equipos técnicos de luz e son, elaboración detallada da posta en escena…

 

Desde o inicio do proxecto no ano 2008, os sucesivos espectáculos de cada agrupación percorreron Galicia coa colaboración das diversas administracións públicas galegas (Consellería de Cultura, AGADIC, Xacobeo), contribuíndo así á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia, e proporcionando ao público unha información fundamental para que poida comprender e valorar na súa xusta medida a importancia do noso patrimonio inmaterial.

 

Debido ao protocolo covid é preciso realizar unha inscrición previa no correo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando o nome completo dos asistentes e un teléfono de contacto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí