Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición do Galifornia Beat

O xoves día 19 de xullo realizouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a Presentación ante os Medios de Comunicación da IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018

O xoves día 19 de xullo realizouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a Presentación ante os Medios de Comunicación da IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018

Fecha: 21 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O xoves día 19 de xullo realizouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a Presentación ante os Medios de Comunicación da IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018 nas pistas deportivas e arredores no Porto da Guarda, cunha superficie total de 30,000 metros cuadrados.

No acto de presentación interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, así como representantes da Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento.

Para a Concelleira de Cultura, Elena Baz, o Galifornia é un evento que ben merece o apoio do Concello, non só pola gran cantidade de público asistente, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas.

O Alcalde da Guarda valorou positivamente o extenso programa desta cuarta edición e amosouse sorprendido pola ambición dos seus organizadores, con exhibicións que só chegan á Guarda a través deste evento, aproveitando para anunciar que dende o municipio se está apoiando a práctica do skate, e que xa se conta coa autorización de Portos de Galicia para que no vindeiro ano sexa unha realidade o proxecto para a nova pista de skate na zona da Atalaia do Porto, unha actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, xunto cunha ampliación do espazo xa existente, que será asumida con fondos propios, o que permitirá que para a edición 2019 o Galifornia teña un espazo novo, mellorado e con instalacións de moita calidade. Antonio Lomba tamén aproveitou esta presentación para anunciar que o pintado do Espigón Norte do Porto da Guarda iniciarase coincidindo coa celebración deste evento, engadindo unha mostra máis de arte urbano ao mesmo, unha actuación que será levada a cabo polos artistas locais Nuvi & Exfico.


En canto a programación desta cuarta edición Beatriz Fernandes engadiu que este festival nace da necesidade do pobo dunha cultura multidisciplinar que conxuga verán, deporte, arte e música, contando cunha extensa programación de actividades coma sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.

No apartado musical o IV Galifornia Beat contará coas actuacións dos grupos Viva Belgrado(Córdoba), Kings of the Beach(Vigo), Fuzzil(Portugal), Glitter & Litter(Pontevedra), Milhomes(A Guarda), Los Lombardi(Portonovo) e Crema(Gijón).

Destacou a organización do evento o WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais. Tamén o BikeTrial, con deportistas que virán dende Santiago de Compostela a competir ou o Open de S.K.A.T.E. onde os trucos e acrobacias serán os protagonistas. Coma novidade a "Batalla de Gallos" ou a Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos serán destinados a organización do evento.

Programación:
Venres 3
12:00h Apertura Food Trucks y Market Place
14:00h Skate libre
19:00h Best Trick
20:00h Batalla de gallos
21:00h Concertos e Afterparty
Sábado 4
10:00h-11:00h Inscricións Street Sub 16
11:00h Street Sub 16
12:00h WS Skateboard School
13:00h Concerto de sesión vermouth
14:00h-16:00h Inscricións
16:00h Open S.K.A.T.E.
17:00h Open Street
18:00h Exhibición Biketrial
18:30h Masterclass Break Dance
20:00h Open Mini Ramp/Concertos
22:00h Entrega de premios
Fin: Afterparty

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí