Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acollerá os obradoiros de investigación arqueolóxica -Telearqueoloxía 2016-

Xoves e venres, días 9 e 10 de xuño no MASAT deA Guarda

Xoves e venres, días 9 e 10 de xuño no MASAT deA Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega da Guarda, acollerá os vindeiros xoves e venres, días 9 e 10 de xuño, dous obradoiros de investigación Arqueolóxica dentro do proxecto "Telearqueoloxía 2016".

Trátase dunha iniciativa cofinanciada pola FCYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a Deputación de Pontevedra, cuxo obxectivo principal consiste en poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Baséase no concepto de arqueoloxía en comunidade onde a participación dun público diverso cobra un gran protagonismo.

A primeira das actividades, que ten lugar o xoves día 9 de xuño ás 19.00 h., é un obradoiro formativo no que o público asistente aprenderá a realizar unha investigación e a comunicala mediante o formato audiovisual. Na xornada explicaranse os aspectos máis salientables á hora de realizar unha investigación, tanto a nivel xeral, como específico, con exemplos prácticos aplicados ao patrimonio arqueolóxico.

Na segunda xornada de "Telearqueoloxía 2016", o venres 10 a partir das 16.00h., desenvolverase un obradoiro de videoinvestigación no que se pretende formar aos participantes na creación de vídeos con dispositivos de gravación a nivel usuario (móbiles, tabletas, cámaras ), así como na edición de vídeo.

Todos os interesados en asistir poden inscribirse mediante un correo electrónico dirixido a telearqueoloxia@depo.es. Para máis información sobre o proxecto (categorías, premios, prazos de presentación...) poden visitar a páxina web http://telearqueoloxia.museo.depo.es ou chamar ao teléfono do MASAT 690017038.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones