Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA ACOLLERÁ UN CURSO FEDERATIVO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE

Oprazo de isncripción continua aberto e todos os interesados poden consultar información no Concello de A Guarda

O acto de presentación contou coa asistencia de representantes da Federación, como da Escola, do Concello e do Sporting Guardés

Fecha: 25 de Abril de 2015

Fuente: Infomiño.com

A Guarda acollerá a partires do vindeiro 27 de Abril un Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base organizado pola Federación Española de Fútbol e a "Escuela Gallega de Entrenadores", en colaboración co Concello da Guarda e o Sporting Guardés.
 
Este curso, que ten un custe de 150€, impartirase no campo municipal de "A Sangriña"  e o prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o día anterior do comezo do curso.

Na presentación do curso estiveron presentes tanto representantes da Federación, como da Escola, do Concello e do Sporting Guardés.

Gustavo Falqué, o vicepresidente da Federación Española de Fútbol explicou que esta entidade o que busca con este tipo de actividades é fomentar a formación e por os mellores medios ó servizo do deporte. Falqué afirmou que dende a Federación queren instruír a xente para que nos clubes haxa os mellores educadores.

O Director da Escola Galega de Entrenadores, Manuel Mosquera, tamén presente no acto, afirmou que o obxectivo desde curso é "crear formadores que eduquen dende o deporte". Mosquera comentou que pola experiencia en outras localidades, este será un curso con moito éxito. A idea, comentou, é que moitas das persoas que o cursen continúen estudando para chegar a adestrar equipos de categorías máis altas. Todas esas persoas que sigan cos estudos terán beneficios xa que no nivel 1 de Entrenadores, explicou, se lle descontará o prezo deste curso (150 euros), non se lles farán probas físicas e non lles será obrigatorio realizar as prácticas.

Xavier Crespo, concelleiro de Deportes do Concello e Víctor Lomba, presidente do Sporting Guardés, mostraron todo o seu interese nesta iniciativa e afirmaron poñer todo o que estea da súa man para que este curso saia nas mellores condicións.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, José Manuel Domínguez Freitas, afirmou, tras recordar a ligazón dos habitantes da Guarda co deporte, que o máis importante deste curso é que haxa materias de educación, no sentido máis amplo da palabra.

Todas aquelas persoas interesadas en facer este curso poden dirixirse tanto a Federación, coma o Concello ou as instalacións do Sporting Guardés para obter máis información. Tamén poden escribir ou correo escuelagallega@gmail.com o deporte@aguarda.es. A iniciativa está aberta a persoas dende os 16 ós 60 anos. Impartirase dous días a semana durante tres horas polo que se cree que terá unha duración aproximada de dous meses e medio, cunha carga horaria total de 65 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones