Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda celebra este venres o Día de Rosalía cun recital de poesía a cargo de Manuel Cadilla -Maruxo- e unha exposición ao aire libre

Será ás 20:00h do venres día 24 de febreiro no Centro Cultural.

Será ás 20:00h do venres día 24 de febreiro no Centro Cultural.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Febrero de 2023

Fuente: Concello da Guarda

Este venres 24 febreiro, A Guarda rendirá tributo unha vez mais á figura de Rosalía de Castro que celebra o seu día o 23 de febreiro de cada ano, por ser a data do seu nacemento. Neste ano 2023 os actos de celebración se centrarán nun recital a cargo do guardés Manuel Cadilla, “Maruxo” , así como a Exposición ao aire libre “Casa de Galicia”.

Manuel Cadilla “Maruxo” será este ano o protagonista do recital a Rosalía de Castro. Veciño da localidade, mariñeiro retirado pero gran amante e coñecedor da obra e vida de Rosalía de Castro, ten participado habitualmente nas homenaxes e lembranzas á nai da literatura galega, participando nos recitais, acompañando concertos, divulgando á figura rosaliana nos centros de ensino... Coa súa labor certamente foi gañándose un oco nas homenaxes á Rosalia e o cariño do público que demandaba a súa presenza e un novo recital no que sentir a forza e emoción que fan tan especial as súas intervencións.

Nesta ocasión o recital estará acompañado por música galega que irá a cargo de Iván Abal na zanfoña, Iván Gómez na gaita e Miguel Rodríguez na guitarra. 

A cita será as 20:00 do venres 24 de febreiro no Centro Cultural.

EXPOSICIÓN “CASA DE GALICIA”
Dúas horas antes deste evento, as 18:00h. Na Praza do Reló,  terá lugar a inauguración da exposición Casa de Galicia, que a través dunha montaxe pensada para permanecer a ceo aberto estará situada na céntrica praza ata o 12 de marzo. Esta exposición recolle con textos e imaxes a historia da Casa da Matanza, morada de Rosalía nos seus últimos anos e actual sede da Fundación e Casa-museo. Contaremos para a ocasión coa presenza do presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira

CALDO DE GLORIA
Por último un novo ano A Guarda súmase á conmemoración do Caldo de Gloria coa participación dos comedores escolares de primaria e restaurantes da localidade, que durante o día 23 contarán no seu xantar con manteis individuais co poema Miña casiña meu lar, no que se describe o xeito de facer un caldiño con poucos recursos.

Os restaurantes adheridos á iniciativa son Arruaz, O Couto e Xantar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí