Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda celebrará a Semana Santa cunha ampla programación cultural e as tradicionais procesións

A Guarda celebrará a Semana Santa de 2018 cun amplo programa de actividades culturais para goce da veciñanza e os visitantes.

A Guarda celebrará a Semana Santa de 2018 cun amplo programa de actividades culturais para goce da veciñanza e os visitantes.

Fecha: 23 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda celebrará a Semana Santa de 2018 cun amplo programa de actividades culturais para goce da veciñanza e os visitantes. Destaca as tradicionais procesións, así como a oferta de visitas guiadas gratuítas para dar a coñecer a historia e o patrimonio da vila. Este ano, ademais, contaremos cun vistoso desfile de traxes rexionais e unha regata.

A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente mañá, 23 de marzo, coa celebración da Procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. Non obstante, a programación cultural e relixiosa será máis intensa a partir do vindeiro xoves, 29 de marzo, co inicio das visitas guiadas e diversas actividades litúrxicas.


Nesta ocasión, o departamento de Turismo volverá ofertar as rutas guiadas polo casco histórico da vila, coas que as persoas asistentes poderán coñecer a historia da Guarda a través do seu patrimonio, percorrendo as rúas e prazas do casco antigo, incluído o Castelo de Santa Cruz. Estas visitas realizaranse o xoves, venres e sábado e terán unha duración de 60 minutos. As saídas serán ás 12:30 horas dende a Praza do Reló, onde se atopa a Oficina Municipal de Turismo.


A oferta de visitas guiadas complétase coas populares rutas polo Castro de Santa Trega. Estas visitas, de 30 minutos de duración, levaranse a cabo entre o xoves e o sábado, con saída dende a explanada da Casa Forestal ás 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 17:00 e 18:00 horas. As visitas guiadas son gratuítas e non precisan de inscrición previa. Deste xeito, as persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega e o casco urbano guardés, deberán presentarse á hora de comezo de cada ruta no punto de encontro sinalado.


Na proposta cultural durante esta Semana Santa compre ter en conta a Rede de Museos da Guarda. Así, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10:00 a 20:00 horas, namentres o Museo do Mar abrirá as súas portas entre o xoves e o domingo en horario de mañá (11:00 a 14:00 h) e tarde (16:00 a 19:00 h). Pola súa parte, o espazo público do Castelo de Santa Cruz ampliará o seu horario de apertura de 10:00 a 20:00 horas. Na fortaleza guardesa, as persoas que se acheguen poderán gozar da mostra escultórica «Nado en pedra», realizada polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra.


Traxes rexionais e deporte
Durante a próxima semana, máis de 700 campistas de toda España visitarán A Guarda co gaio da 60ª Acampada Nacional da Federación Española de Clubs Campistas (FECC), que terá lugar no Camping Santa Tecla entre o 24 de marzo e o 1 de abril. Dentro da intensa programación dos visitantes, destaca o desfile de traxes rexionais que se celebrará o xoves 29 de marzo. Nel, os campistas sairán da Alameda agrupados por Comunidades Autónomas para amosar a vestimenta tradicional de cada unha delas. O desfile rematará no Auditorio de San Bieito, coa inauguración oficial da acampada e a recepción dos campistas na Guarda.


O sábado, 31 de marzo, teremos tempo para gozar do deporte na XIX Regata de Bateis Bandeira Concello da Guarda - Memorial Antonino Torrón, organizada polo Club de Remo en colaboración co Concello da Guarda. A competición, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Remo, terá lugar no Porto da Guarda a partir das 16:00 horas.


Actos relixiosos
En canto á actividade litúrxica, a programación máis destacada ocúpana as procesións e a tradicional bendición de ramos e palmas o 25 de marzo (Domingo de Ramos) na Praza de San Bieito ás 11:00 horas.


O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 20:30 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (20:30 h).


A Semana Santa guardesa pechará coas Festas da Pascua de Buxán, que darán comezo este sábado, 24 de marzo, coa celebración do «XI Serán de Buxán» ás 22:00 horas na praza de Buxán, e continuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, cos tradicionais xogos populares (16:00 h) e a posterior verbena, amenizada polas orquestras América e Magical (23:00 h).


O 1 de abril, Domingo de Pascua, o barrio salcidense reservará o día para gozar da gastronomía, cunha zorzada e polbo á feira pola mañá (a partir das 11:00 h) e unha Festa do Biscoito pola tarde (a partir das 16:00 h). A xornada estará amenizada polo pasacalles de Airiños do Folón e o ‘Concurso do pau enceirado co xamón arriba' a partir das 15:30 horas. broche de ouro a estas festas virá da man do Coro Fuscalheiro, que actuará a partir das 19:30 h.


Horario da Oficina de Turismo
A Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Reló, abrirá dende o luns 26 ata o sábado 31 de marzo cun horario ampliado, isto é, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poderán achegarse á oficina, contactar co departamento de Turismo a través do teléfono 986 614 546 e/ou o correo electrónico turismo@aguarda.es, ou ben consultar a páxina web www.turismoaguarda.es e a páxina de Facebook de Turismo A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí