Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva anima ao turismo a visitar a provincia ao marxe das previsións do tempo -porque a choiva en rías baixas é pura maxia-

A presidenta provincial fixo pública a estimación de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa que roldará unha ocupación do 62%

A presidenta provincial fixo pública a estimación de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa que roldará unha ocupación do 62%

Fecha: 24 de Marzo de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado da área de Turismo, Santos Héctor, informou este venres das estimacións de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa e confirmou "unha previsión de ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra de arredor do 62%". Na súa intervención, Carmela Silva explicou que "son datos moi prudentes por dous motivos, pola inestabilidade meteorolóxica e tamén porque, tal como nos sinalan os establecementos cos que colaboramos para recoller datos, as reservas aínda se están a producir estes días".

Máis polo miúdo, a estimación para a comarca do Salnés é do 61%; para Pontevedra, do 65%; para O Morrazo, 45%; Caldas, 80%; comarca de Vigo, 50%; para Baixo Miño, 55%; Condado-Paradanta, 40%, e Deza Tabeirós, do 60%. Sobre estas previsións, a presidenta da Deputación de Pontevedra afirmou que "son uns datos positivos tendo en conta as circunstancias das que falamos e tamén que o ano pasado tivemos unhas cifras reales récord que superaron con creces as previsións prudentes que deramos, algo que espero que se repita este ano". En canto ao turismo rural, Turismo Rías Baixas fai unha estimación do 65% de ocupación, situándose ao redor do 55% en comarcas de interior como Deza e O Condado.

En relación a outros datos, a Presidenta resaltou que "podemos adiantar, en canto ao perfil dos visitantes, que 7 de cada 10 persoas que realizaron reservas son familias e grupos de amigos e amigas, co que vólvese a amosar que a nosa aposta por un turismo de familia vai en liña co que está a acontecer". Tamén para rematar, indicou que a maioría das reservas que se están realizando son entre o xoves 29 de marzo e o domingo 1 de abril.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí