Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda celebrou os éxitos dos seus deportistas na X Gala do Deporte Guardés

Foron máis de 20 os galardóns que se entregaron nunha velada amena e moi divertida

Foron máis de 20 os galardóns que se entregaron nunha velada amena e moi divertida

Fecha: 07 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Nun Centro Cultural cheo por completo de premiados, familiares, autoridades municipais e provinciais e veciños e veciñas da vila, celebrouse a X Gala do Deporte Guardés o pasado venres 3 de marzo.

Este evento, como cada ano, busca homenaxear, celebrar e recoñecer aos deportistas guardeses e os éxitos que estes acadaron durante a tempada pasada. Con motivo do décimo aniversario desta gala, a velada deu comezo cun vídeo recordando aos premiados de todos estes anos.

Antes de dar comezo á gala os asistentes erguéronse e uníronse ao presentador, Terio Carrera, para gardar un minuto de silencio por Adrián Araujo, mozo falecido nun accidente a semana no Rosal que xogou nas categorías inferiores do Sporting Guardés.

Tras este emotivo inicio, procedeuse á entrega dos premios. Foron máis de 20 os galardóns que se entregaron nunha velada amena e moi divertida, en especial grazas ao carisma e sentido de humor do presentador e de Vladimir "Vlado" Gudelj, ex xogador do Real Club Celta de Vigo, quen exerceu como padriño e un dos grandes protagonistas do evento xunto aos deportistas. Os premiados como mellores deportistas individuais foron Óscar Alonso Alonso (remo), Damián Alonso Alonso (remo), Rosalía Soler Lomba (natación), Manuel Moreira Rodríguez (tenis), Hugo Álvarez González (tenis), Belén Bascoy Cao (Canicross), Sergio Rodríguez Teixeira (atletismo), Elsa Pena Vicente (triatlón), Nahir Lomba (fútbol), Aser Estévez Cividanes (ciclismo), Rodrigo Conde Romero (remo), Carlos Reboredo Diego (judo), Alba González Machado (judo), Víctor Adrover Amado (judo), Iago Álvarez Lomba (judo) e Artemi Gavezou Castro (ximnasia olímpica).






O recoñecemento á mellor iniciativa deportiva foi para Sen Amarras; o premio á promoción e dedicación ó deporte para Fabián Gutiérrez Corvetto e o recoñecemento á proposta innovadora para San Xerome. Os galardóns aos mellores equipos os recibiron o equipo de baloncesto feminino e o equipo de atletismo de San Xerome; o equipo alevín do Sporting guardés; o equipo mixto de relevos 4x1000 de Atletismo Trega; así como o dúo Sandra Álvarez Baz e Uxía Fernández Videira, e o equipo formado por Álvaro Blanco, Sergio Pérez, Jesús González e Rodrigo Conde Romero, os seis de Remo Robaleira.

Tras a entrega dos premios o alcalde da Guarda quixo pechar esta X Gala do Deporte Guardés agradecendo a súa labor ao xurado e a presenza ó padriño do acto e sobre todo transmitindo o seu orgullo polos grandes deportistas que hai nunha vila pequena como A Guarda. Ademais tamén anunciou que este ano se dan as primeiras bolsas a deportistas da Guarda, grazas á labor do Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, reiterando así o compromiso do Concello cos seus deportistas e co gran futuro que a canteira alí presente asegura.

Deste xeito, A Guarda e os seus deportistas viviron unha velada única o 3 de marzo nunha gala aberta a tódolos veciños e veciñas que estivo adicada a por de relevo os logros dos deportistas e clubs guardeses, pero tamén ao ensalzamento dos valores que se transmiten co deporte como o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo e o respecto aos demais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí